Mostrando entradas con la etiqueta xente corrente. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta xente corrente. Mostrar todas las entradas
lunes, 30 de julio de 2018
Señora de Coruxo
Coñecín a Señora de Coruxo nunha mobilización contra a praia para cans. A muller vive fronte á praia da Calzoa e moléstanlle moito os cans. Son moitos e van soltos segundo di e non respectan as zonas marcadas. Naquela reportaxe démonos o whatssap.
Señora de Coruxo converteuse nunha activista social, agora as portas da terceira idá* chámoume das primeiras cando sacaron o pediatra de Coruxo con mil nenos que atender.
De cando en vez lémbrame as mil mobilizacións que hai.Porque señora de Coruxo non está na casa a ver o Sálvame de Luxe, nen rañándoa no sofá. Señora de Coruxo baixa a praia cos netos, fai a comida e a merenda e logo consulta a axenda de mobilizacións.
Con señoras como esta de Coruxo non desvalixaban o SERGAS, non!
domingo, 13 de noviembre de 2016
Carmina a da Rápida
Carmina atendeu tralos mostradores da Rápida durante varias décadas, seguramente desque casou con Tino que herdou de seu pai aquella librería con imprenta no rexio edificio Albo que inicia a Gran Vía, gorecido baixo a réplica da Victoria de Samotracia.
Era Carmina unha "touporroutu" non tiña paraxe.Igual traballaba na librería como na casa como en Cursillos ou guisaba uns caracois.
Semellaba ese tipo de persoas que non paraban nunca.Mesmo de xubilada tampouco parou: voluntaria da asociación do cancro e de mil cousas máis.
Mesmo din que organizou de vez o centro de maiores en que vivíu os seus últimos días. Carmina era un furacán, que desgraciadamente hai uns anos deixou de soplar.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)