Hai guerras perdidas actuais ou pasadas que non gustan ós medios de comunicación. Hai sesenta anos as rexas mulleres de Lourizán en Pontevedra quixeron protexer un dos mellores bancos de ameixas do país, unha paisaxe impresionante, un centro de veraneo de elite onde Montero Ríos vivíu co seu Gran Hotel dos Praceres hoxe colexio, un tempo abordado no marabilloso documental: "Paraíso roubado" de Lukas Santiago.
Aquelas mulleres opuxéronse ós recheos e á instalación da celulosa que eu coido estragou de vez case toda a ría de Pontevedra, a calidade de vida da cidade do Lérez e a xestión forestal cutre e curtopracista desta nosa Galicia eucaliptalizada.
Foi unha guerra perdida nos tempos de Franco, enfrontáronse ós militares e perderon. Algunhas delas morreron, pero outras aínda lles poden contar ós seus netos que loitaron por defenderlles o mar, a praia e o medio ambiente aínda que non o conseguisen, non quedaron de brazos cruzados.
Pero esta noticia non gusta moitos. ENCE segue asulagando de cartos institucións e medios de comunicación. Semella que aquí todo se compra menos a memoria e a ética daquelas mulleres bravas e afoutas como Concepción Freiría, Erundina Abreu, Dolores Rosales, Visitación Núñez, Jesusa Mora, Adolfina Moledo, Isaura Pazos ou Asunción Dios. Naquel tempo foron detidas e encarceradas pola protesta do 10 de febreiro de 1959
Este domingo fíxoselles unha marabillosa homenaxe no vetusto colexio dos Praceres, unha noticia que me gustaría poder cubrir, pero que non se deu 😢
Mostrando entradas con la etiqueta mariscadoras. Os Praceres.. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta mariscadoras. Os Praceres.. Mostrar todas las entradas
lunes, 11 de febrero de 2019
Suscribirse a:
Entradas (Atom)