Vistas de página en total

561,123
Mostrando entradas con la etiqueta memoria asolagada.. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta memoria asolagada.. Mostrar todas las entradas

domingo, 27 de enero de 2019

O expolio de Lindoso


 Igual que con Franco, con Fraga o asulagamento se consumou. Enganaron aos vellos, venderon a fondos de investimento e malia as últimas resistencias a aberración culminouse.
Primeiro foi dos lusos e agora os xapos teñen o trinta porcén. Eles quedaron sen casas, sen vides, sen aqueles lugares en que naceron , xogaron e creceron.
O alcalde simulou que os apoiaba pero nunca fixo nada por o facer.
Previsto desde os anos vinte do pasado século, Franco acordou a súa construción con Salazar. E Fraga cumpriu a promesa do vello dictador.
 Din en Aceredo que deste lado da raia, en Galicia nunca o encoro revertíu que só beneficiou a Portugal.Bo non exactamente hai algún político local daquel tempo que seica ten un par de bos pisos en Portugal. Os paisanos cobraron as expropiacións e viron perderse as súas casas tralo espello da auga. Agora cada vez que seca volven todos ó lugar a ver se emerxen as súas casas, o salón de baile, a carpintería, a Igrexa e mesmo aquel lugar onde puñan o camión do cinema cada quince días. O seu propio cinema paraíso como a vella Galicia sempre cuberta de auga.
 O máis triste é que todo isto ocorreu hai tan só vinte e sete anos, o oito de xa xaneiro  de 1992, xa todos estabamos aquí, e ninguén fixo nada!