Vistas de página en total

561,153
Mostrando entradas con la etiqueta persoeiros de Vigo. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta persoeiros de Vigo. Mostrar todas las entradas

lunes, 3 de diciembre de 2018

O último hippie das Cíes


Nas últimas horas o corpo de Germán Luaces pasou polo Tanatorio Vigomemorial. A previsión era incineralo. Os seus amigos queren que repouse nas Cíes na illa do Faro onde tan feliz foi. Onde pasou os seus últimos anos entre o hippismo e a bohemia. Eu non o coñecín creo. E ben que me apena, sí debín coñecer ó outro veterano das Cíes: Pichocho, que segundo lembro tiña algúna arranques de mal humor. Pero din que Germán, o de Casa Chuco tiña moi bo humor e gustaba de compartir. Foise ós 54 anos. Deixando un fondo pesar. Germán é o noso Man de Camelle. O noso " Chanchillo" (de Donosti) ou alguén que todos os amantes das Illas galegas coñecen. Cando morreu o Gringo eu tamén quedei impactada, coñecino máis, era un tipo especial: un fóra do sistema como moitos outros. O límite de un eran os piares da autoestrada, o límite de Germán eran as súas illas e o propio océano.
Oxalá haxa un sitio para el naquel lugar que o fixo tan feliz.

sábado, 18 de marzo de 2017

Vk o primeiro trans de Vigo na prostitución?

Vk debe roldar os 60 ou 70 anos e móvese xa retirado pola praza de Compostela. Foi segundo algúns un dos primeiros trans de Vigo en se operar,coido que só parcialmente; fíxoo en Marrocos con gran segredo.Tanto como leva o seu currículum profesional en que figura segundo di moito suposto hetero do máis granado que foi deste o noso querido Vigo.