Vistas de página en total

Mostrando entradas con la etiqueta o último hippie das Cíes.. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta o último hippie das Cíes.. Mostrar todas las entradas

lunes, 3 de diciembre de 2018

O último hippie das Cíes


Nas últimas horas o corpo de Germán Luaces pasou polo Tanatorio Vigomemorial. A previsión era incineralo. Os seus amigos queren que repouse nas Cíes na illa do Faro onde tan feliz foi. Onde pasou os seus últimos anos entre o hippismo e a bohemia. Eu non o coñecín creo. E ben que me apena, sí debín coñecer ó outro veterano das Cíes: Pichocho, que segundo lembro tiña algúna arranques de mal humor. Pero din que Germán, o de Casa Chuco tiña moi bo humor e gustaba de compartir. Foise ós 54 anos. Deixando un fondo pesar. Germán é o noso Man de Camelle. O noso " Chanchillo" (de Donosti) ou alguén que todos os amantes das Illas galegas coñecen. Cando morreu o Gringo eu tamén quedei impactada, coñecino máis, era un tipo especial: un fóra do sistema como moitos outros. O límite de un eran os piares da autoestrada, o límite de Germán eran as súas illas e o propio océano.
Oxalá haxa un sitio para el naquel lugar que o fixo tan feliz.