lunes, 22 de abril de 2013
Listillos
Eles sempre zafan; sempre amañan como lles convén. Convencen ós demais de que aguanten auténticos marróns, mentres eles quedan co mellor. Fano cun enorme sorriso e como se che fixeran un favor.
Ah listillos, que noxo dan. Van de guais e non chegan a chachis.
domingo, 21 de abril de 2013
Aroma de rapante
Como boa viguesa gústame o cheiro a peixe. Subir á torre do concello de Vigo e esnifar cara ó Berbés, ir ós mercados e ás peixerías, gústame o cheiro a mar.Non me molesta. Cando vivía no interior, non aturaba que me fileteasen os linguados ou os gallos, parece que hai xente tan pouco afeita a comer peixe que non atura as espiñas. Tamén vin alucinada como a xente botaba ketchup ou mahonesa nos filetes de pescada. Costumes indecentes que en Vigo nunca vin.
Tampouco me molesta demasiado o olor a peixe fritido ou a caldeirada cando entras nun restaurante ou cando o preparo eu. Non sei como tan mala prensa ten.
Se cadra porque Süskind o demonizou, ou porque nos Luns ó sol a muller de Luis Tosar non daba quitado aquela peste do corpo por máis que fregaba nel.
Só hai un olor a peixe que non podo aturar e é o do rapante, penso que o descurbriría a un quilómetro. Noxento, plano, gris, sen xeito, con esa pel traslúcida cru e con esa cor beige cando xa está feito, non podo con el.
Por razóns que non veñen ó casó, ás veces a miña colada se impregna dese noxento fedor, que me estraga boa parte da mañá...e entón cando entendo á pobre Nieve de Medina refregando na pel para quitarse de enriba ese molesto aroma de Poisson.
lunes, 15 de abril de 2013
Criptonita de la Mancha
Criptonita Montiel ou Criptonita de la Mancha foi de todo, menos unha muller común. Pola súa chaise longue pasaron reis (alomenos un), premios Nobel(alomenos un), escritores, actores e tódolos que ela deixou.
A súa vida non foi aburrida non. Compárana coa parva de Penélope Cruz. Pero a Montiel caga por ela, perdón pola vulgaridá*.
Sara de la Mancha era un mito do celuloide e ata escasos días un mito de carne e óso. Nunha España gris, a Montiel deu color a un país triste moi de cine de barrio.
Sara Montiel foise sen contárno-la metade da súa vida: o seu co rei, a súa amizade con Karina Fálagan e todo o que vivíu en Hollywood.
A súa vida foi como un meteorito, como unha criptonita de Campo.
Desde alí desde o ceo onde tódalas estrelas están podería contarnos todo o que pasou...
martes, 9 de abril de 2013
O presidente karaoke
Mariano é un presidente karaoke. Non dá a cara, fala a través dunha pantalla.Cando gobernaba Aznar moito se criticaban as rodas de prensa sen preguntas. Agora xa chegamos ó paroxismo.O máis do máis, como os vídeos de "Lo que necesitas es amor". Mariano fala desde a pantalla.
Que nos sorprende?
Tamén o facemos nós. Teño estado con xente a menos dun metro que en vez de falarme me manda un whatsApp, teño recibido ofertas para tomar café que me terían prestado máis nun locutorio ou nun take away, xa que unha vez pedido o café a outra persoa veña que fedellar no ipad, non sei se estaría respostándolles ós seus followers, cambiando o seu estado no feisbuk , mandando whatsApps ou poñendo "greguerías" no twitter; tanto me ten. O caso é que a piques estiven de erguerme sen lle dicir nada. Bo, gañas tiña de mandarlle un whatsApp deses cun zurullo, ou etiquetalo nun estado do fesibuk no que a mandaba ó carallo, ou dicirlle que fose a rañala polo twitter, pero non fun quen.
E os dispositivos chámanse táctiles, cando de tacto de voz e de son, cada vez menos...Non critiquemos a Mariano, é tan só un de nós.
" Enviado desde mi Ipad"( ;)
lunes, 8 de abril de 2013
Xente que non debería morrer
Dáme igual o da Montiel e o da Thatcher que tiveron o mal gusto de morrer nos mesmos días que o fixo Pepe Cameselle, o imprescindible para nós.
José Cameselle foise antes de tempo, o líder de Comisións home afable gran líder do naval, metal vigués, tranquilo, amable, humilde e servicial déixanos a todos un pouco orfos. Nun mundo cheo de mala hostia, nunca sobra un home coma el.
domingo, 7 de abril de 2013
Marcas demasiado caras: España, Galicia, Pescanova
Desde adolescentes moitos de nós decatámonos de que ás veces as marcas non valen para nada, venden fume, soños e misterios, pero máis nada.
Os Levi´s , as Amarras, as Hunter. Son só palabras que a golpe de publicidade e snobismos se fan famosas. Pagámo-las marcas, non os produtos, nin a calidade ás veces.
Coa depresión económica o mundo encheuse de marcas brancas e de low cost: Hacendados, Leader prices, moita xente sabe xa que o elevado prezo e a marca non garanten a boa calidade.
As marcas valen só para baleira-los petos de máis, e iso o que nos queren facer coa marca España, o que xa nos fixeron coa marca Galicia, cando para conservar unha caixa galega foderon dúas.
Tamén agora unha marca: Pescanova enarbora a bandeira de Rodolfo Lagostino para que todo continúe igual que os bancos e os galegos sigan enterrando os cartos en tódolos mares do mundo.
E quen vixía que a marca Pescanova continúe? A consultora que garantíu que a fusión das caixas sería un éxito: KPMG e un fillo de José Luis Méndez Pascual excaixagalicia o gran piloto do desastre económico das caixas galegas.
Vade retro!!!! As marcas para quen as queira pagar, nós a Vilanova de Cerveira...
Suscribirse a:
Entradas (Atom)