Vistas de página en total

lunes, 10 de junio de 2013

O último "polvo" de Karina Fálagan

Hai quen di que xa non se dedicaba a iso, que xa hai ben de tempo que non exercía. Hai mesmo quen di que a iso non se dedicou nunca, que ela só rexentaba os locais: O Lady Hamilton e o Jonathan. Pero pareceme moi axeitado que as cinzas de Karina as botaran en Samil, o seu último "polvo" na praia que tanto amou. * Xa sei, xa sei ben que saíron augafestas, entre eles "queridoabel" que din que iso é ilegal ,cando todo o noso mar está feito unha Santa Compaña de tódalas cinzas que por aí "rulan". Tamén hai quen di que xa non se volverá bañar en Samil. Os vigueses de ben, hai tempo que non o facemos. E se cadra algún deses que a partir de agora non queren nin pasear por alí, igual atopaban no ar, na area ou no mar algún marcador de ADN moi parecido ó seu.

domingo, 9 de junio de 2013

O bolero de R´ Abel

Eu pensaba que Ramón Abel, de agora en diante, R´Abel era máis de boleros alá en cas Gayoso preto de Cabo Estai, pero agora seica se afeccionou ó agarrado porque botar un baile vestido de gaiteiro ou non, sempre é obxecto de portada do Faro e de chufla ou cuchufleta no Atlántico Diario e na Voz; se cae, ou aquela mal, se cadra pode ser trendic topic nalgunha rede social. E querido Abel vai botar un pasodobre ós pés do sereo da Porta do Sol, será o dezanove de xuño e será ó son da Orquestra Panorama. Abraian é? Esta cidade é moi rara, como tamén o é o noso país. Outros levan empanada, ou viño do país, pero o "dancing queen" ten un gran predicamento político senón que llo digan ós de Cangas que hai uns anos o PP pelexou cos nacionalistas por leva-los vellos a bailar( ía poñer votar, non sei por que). Si queridos vigueses o 19 todos podemos bailar ó ritmo de Abel, ó ritmo da Panorama e ó son dunha cidade que malia ser de primeira non consegue convencer ós nosos políticos de que merece as infraestruturas para dar servizo a unha urbe deste rango. A verbena aérea para pedir igualdade de trato co resto dos aeródromos galegos, malia o chusco, ten moita razón de ser. O aeroporto de Vigo fixérono os nosos avós, cos nosos impostos en Galicia subvencionamos conexións aéreas e logo temos que viaxar por Santiago ou pola Coruña. A verdade é que mola ser vigués. A área poboacional de Galicia con maior número de persoas e que puteada está, xa nos caímos do AVE que xa conecta a Coruña con Santiago e Ourense e baleiro vai, xa nos caímos do porto nodal, cando o acadaron outros portos menos importantes ca nós. Sabemos perfectamente que partidos votaron para que Vigo non estivera. E qué pecado cometimos nós? Vése que coas manifas e coas rodas de prensa xa nada se amaña, non. Nós vémonos nas urnas e se cadra na Porta do Sol, ,merda de país mantido de forma artificial e con respiración asistida a cousas que nunca funcionarían de por si, mentres se castiga as que funcionarían mellor de respetarse a libre competencia. Agora o Ministro de Injusticia quere leva-lo partido xudicial a Pontevedra e pecha-los xulgados de Vigo? Pode ser, aquí todo vale. Acaban de pecha-los cines de Pontevedra, se cadra Louzán non se decatou, podería subvenciona-los do Lérez a un euro e pecha-los de Vigo para que fosemos alá, xa me fode darlle ideas, pero o nivel de surrealismo anda aí, aí... Eu vou tentar evadirme e ir pensando xa qué bailar na Porta do Sol: Volare, Santa Marta tiene tren ... y Vigo no, o quizá el Tin Chin Tin que compuxo Feijóo cando lle outorgou o Premio Castelao a Carlos Núñez e The Chieftains!!! Qué difícil é ser vigués!!!!

Sexo en Nueva York

As impresentables ghichas de Sexo en Nueva York cumpren xa 15 anos, mágoa de serie na que os corpos eran curvos, pero os cerebros planos.

martes, 4 de junio de 2013

Que te den

Qué bien estoy sin ti!Sin tus quejas, sin tus lloros, sin tus lamentos, sin tus malas caras. Que ten den!

jueves, 30 de mayo de 2013

Karina Fálagan, a cara B de Vigo

Morta A Collona, quedábanos a Fálagan, e agora nin iso. Se cadra a Elena, pero xa non é o mesmo. Vigo venera e mitifica as súas personaxes, as de arriba e as de abaixo. Non din as malas pécoras que dunha puta e dun portugués naceu o primeiro vigués...? Non é Vigo a cidade de Galicia con máis puticlubs per cápita, hai outras que teñen maior ratio, ben preto de nós. Pero aquí non agochámo-las nosas zonas de sombra. A alcaldesa do Atlántico era intensa de vez, grande, verborreica, esaxerada, franca e puta profesional. De agora en diante técnica sexual. Nesta cidade aberta, ninguén ou poucos lle torcían a cara a Caridad Fálagan. Eu quixen ir ó seu enterro, gustaríame ter escrito a súa biografía e ve-lo rostro lívido de todos aqueles que podían saír nas súas páxinas pero non puido ser. A Fálagan era única, saberemos toda a nosa historia, cando saibamos das nosas paixóns, cando saibamos do noso lumpen e como en cidades como esta os altos e os baixos fondos se mesturan sen que ninguén se asuste. Mediática como poucas, a Fálagan mereceu moitas horas de televisión, pero as nosas canles prefiren a Pacomivida, ou a Cañita Brava. A Fálagan rompía o share. Recompoñe-la historia desta muller sería como xunta-las areas das praias de tódalas illas galegas das Cíes a Sálvora. Todos teñen recordos aillados e historias que parecen lendas xa. De cando tarifou ou alomenos coincidiron no hall dun hotel de Santiago unha Carina e unha Corina e case chegan as mans. Nun coñecido salón de peiteado vigués aínda se botan as mans á cabeza porque un día apareceu esixindo un tinguido capilar pero non era na cabeza, nin nos pelos do píloro e ninguén llo quixo facer. Historias hai para todos. Pena de novelón! De folletín de sobremesa ou de realismo máxico galego,de personaxe de Cunqueiro...