Vistas de página en total

miércoles, 12 de junio de 2013

Chochito de oro

O ghicho "empoleirouse", "se encumbró", si Charlín si. Que triste forma de ser trending topic! Chamando Chochito de Oro a unha das mulleres que máis traballa no noso país e que menos alarde fai do seu sexo ou da súa maternidade. Pero alá vai o Charlín e fai a broma chocalleira: "Chochito de oro". A verdade é que aínda queda moito macho ibérico, mesmo no vello BNG, e polo menos podía dicir "Cona d´ouro" pero non, nin sequera en galego. Para excusarse apuntou que era polas revisións xinecolóxicas de empresa da Moncloa, que outra vergoña é que en moitas empresas se fagan porque na sanidade pública tan mal funcionan. Ala Charlín, a pasear por Cambados e a rañala si, non vou ser tan groseira coma ti, non che vou dicir exactamente que tes que rañar, pero non te custará decatarche de que é, porque debe ser que iso é o único que tes no teu cerebro.

lunes, 10 de junio de 2013

O último "polvo" de Karina Fálagan

Hai quen di que xa non se dedicaba a iso, que xa hai ben de tempo que non exercía. Hai mesmo quen di que a iso non se dedicou nunca, que ela só rexentaba os locais: O Lady Hamilton e o Jonathan. Pero pareceme moi axeitado que as cinzas de Karina as botaran en Samil, o seu último "polvo" na praia que tanto amou. * Xa sei, xa sei ben que saíron augafestas, entre eles "queridoabel" que din que iso é ilegal ,cando todo o noso mar está feito unha Santa Compaña de tódalas cinzas que por aí "rulan". Tamén hai quen di que xa non se volverá bañar en Samil. Os vigueses de ben, hai tempo que non o facemos. E se cadra algún deses que a partir de agora non queren nin pasear por alí, igual atopaban no ar, na area ou no mar algún marcador de ADN moi parecido ó seu.

domingo, 9 de junio de 2013

O bolero de R´ Abel

Eu pensaba que Ramón Abel, de agora en diante, R´Abel era máis de boleros alá en cas Gayoso preto de Cabo Estai, pero agora seica se afeccionou ó agarrado porque botar un baile vestido de gaiteiro ou non, sempre é obxecto de portada do Faro e de chufla ou cuchufleta no Atlántico Diario e na Voz; se cae, ou aquela mal, se cadra pode ser trendic topic nalgunha rede social. E querido Abel vai botar un pasodobre ós pés do sereo da Porta do Sol, será o dezanove de xuño e será ó son da Orquestra Panorama. Abraian é? Esta cidade é moi rara, como tamén o é o noso país. Outros levan empanada, ou viño do país, pero o "dancing queen" ten un gran predicamento político senón que llo digan ós de Cangas que hai uns anos o PP pelexou cos nacionalistas por leva-los vellos a bailar( ía poñer votar, non sei por que). Si queridos vigueses o 19 todos podemos bailar ó ritmo de Abel, ó ritmo da Panorama e ó son dunha cidade que malia ser de primeira non consegue convencer ós nosos políticos de que merece as infraestruturas para dar servizo a unha urbe deste rango. A verbena aérea para pedir igualdade de trato co resto dos aeródromos galegos, malia o chusco, ten moita razón de ser. O aeroporto de Vigo fixérono os nosos avós, cos nosos impostos en Galicia subvencionamos conexións aéreas e logo temos que viaxar por Santiago ou pola Coruña. A verdade é que mola ser vigués. A área poboacional de Galicia con maior número de persoas e que puteada está, xa nos caímos do AVE que xa conecta a Coruña con Santiago e Ourense e baleiro vai, xa nos caímos do porto nodal, cando o acadaron outros portos menos importantes ca nós. Sabemos perfectamente que partidos votaron para que Vigo non estivera. E qué pecado cometimos nós? Vése que coas manifas e coas rodas de prensa xa nada se amaña, non. Nós vémonos nas urnas e se cadra na Porta do Sol, ,merda de país mantido de forma artificial e con respiración asistida a cousas que nunca funcionarían de por si, mentres se castiga as que funcionarían mellor de respetarse a libre competencia. Agora o Ministro de Injusticia quere leva-lo partido xudicial a Pontevedra e pecha-los xulgados de Vigo? Pode ser, aquí todo vale. Acaban de pecha-los cines de Pontevedra, se cadra Louzán non se decatou, podería subvenciona-los do Lérez a un euro e pecha-los de Vigo para que fosemos alá, xa me fode darlle ideas, pero o nivel de surrealismo anda aí, aí... Eu vou tentar evadirme e ir pensando xa qué bailar na Porta do Sol: Volare, Santa Marta tiene tren ... y Vigo no, o quizá el Tin Chin Tin que compuxo Feijóo cando lle outorgou o Premio Castelao a Carlos Núñez e The Chieftains!!! Qué difícil é ser vigués!!!!

Sexo en Nueva York

As impresentables ghichas de Sexo en Nueva York cumpren xa 15 anos, mágoa de serie na que os corpos eran curvos, pero os cerebros planos.

martes, 4 de junio de 2013

Que te den

Qué bien estoy sin ti!Sin tus quejas, sin tus lloros, sin tus lamentos, sin tus malas caras. Que ten den!