martes, 22 de octubre de 2013
Chonilandia
O imperio das chonis xa non ten volta atrás. Aí están as monster high e as monsters en xeral.
Malia a chegada da Carbonero ó mundo dos blogs e as lovelypepas que no mundo son. o fenómeno non recúa.
Só cómpre ve-las baldas de Inditex: cheas de skay, de veludo barato e de "polipiel"( qué postfranquista "polipiel"). Claro que Cris Hipocrática en vez de postfranquista diría "vintage" ou tonecha mellor?.
O caso é que esta é una viaxe sen retorno: a velocidade superchónica!!
lunes, 21 de octubre de 2013
Marisabidillas e gobernichas
Lévoo dicindo desde hai tempo, pero un día vouno facer. Haiche xente moi goberneira por aí, moi mandarica que se meten onde ninguén as chama e un día voulles dici-lo que merecen.
E o día que lles dea o corte que merecen igual teñen que amputar.
"Y yo más" "Y yo más" "Y yo más". " Yo lo sé" e a verdade téñenme chea e o día menos pensado,xa saben :vounas mandar ó carallo, ó quinto pino ou onde sexa que non as volva ver máis!!! Porque aínda que non o pareza, a verdade contéñome moito.
viernes, 18 de octubre de 2013
Ataque de cuernos!!!
Cuando te ponen los cuernos, por lo menos que lo hagan a lo grande; con una famosa o con un tío. Que así mola más! De perdidos al río! Ya que duele, que duela tanto, que ya no sientas dolor!
jueves, 17 de octubre de 2013
Calós, paios e cipaios!!!
Tanto ver "Palabra de gitano" estáme a afectar nas neuronas. E xa non distingo os paios dos calós. Este xoves apareceu no choio, sempre temos visitas insólitas un home de trinta anos cun bebé branco, loiro, roibo e ben guapo.
A verdade é que fitamos para o bebé. Ó home case nin o vimos. Viña buscando á súa muller, pero non sabía a onde viña.
As dúas "cipaias" saían xa para o café. O café é sagrado. Os parias tomámolo de cinco minutos, os semiparias de dez e a raza aria de vinte a corenta minutos.
Saían ó café e non miraron máis.
E alí estaba o home, "un miñaxoia" con aquel bebé no colo. Era una nena e chamábase "Chanel". Cousas do chollo no "mercadillo".
Decatámonos de que era xitanos despois, pero tanto ten non.Eu non son racista, non demasiado e os demais tampouco o deberían ser.
Dixémoslle: pasa e chama á túa muller, a ver onde está. Só sabía que estaba nun sitio a carón do Pull & Bear.Non sabía de memoria o móbil da súa muller e non tiña batería no móbil. Deixámoslle que o cargara para poder ve-lo número da súa muller.
Chanel sorría como nos anuncios.
Finalmente o mozo falou coa súa muller. Estaba en "Red Madre" una oenegué de axuda á nais con problemas.
Está no número dous da Gran Vía.Mirámolo na internet. O home déuno-las grazas e a pequeña Chanel tamén, aínda que fose co sorriso.
A mágoa foi a bronca que aturamos, só porque quixemos axudar.
- Por qué deixas entrar un xitano na oficina e lle deixas chamar? Porque estabas vendo todo. "Pipeando" para roubar. Iso si, desde o móbil, que é o que mola. Estou no móbil!!! Sempre é así.
-Pois se non querías que pasase terllo dito ti, que aínda estabas aquí. Pero tiña moita présa por ir toma-lo café...!!!!
Putillas & patatillas
Hai un establecemento mítico en Vigo no que se vende un dos productos máis clásicos da cidá*. A "churrería Casablanca".Calquera vigués que se prece de selo, ou calquera estudoso do fenómeno vigués pasou algún día por este templo do tubérculo. Semella que sendo patacas, debía de estar en Ourense, pero en "patatillas" a estes non hai quen lles tusa.
A súa costa empinada, clásica tamén do noso "biotopo" ou "hábitat" é percorrida día e noite para subir ó Corte Inglés para ir ó Centro de Saúde da rúa Cuba (que agora parece un pub), para baixar a vella estación de tren e ata hai case un mes, para ir de putas.
Seica á clásica freiduría viguesa, saíulle un duro competidor no primeiro ou segundo andar. Un "meublé" con actividade febril día e noite. Seica a actividade do segundo duplicou as vendas no local.
Porque máis dun despistado, ou cliente ó que as chatis lle tardaban en abrir pasou por Casablanca a facer tempo. A mercar patatillas, a disimular e mesmo a que non o vise a alguna amiga da súa muller.
Hainos que dicían que ían á una próxima academia. Mágoa que non abría polas mañás, cando moitos acudían... O caso é que desde o mostrador moita bolsa se vendeu grazas ó Chingui Club.
E todo era para que ninguén os pillara "nas patacas".
domingo, 13 de octubre de 2013
Más que dos carretas
Ya nadie sabe qué hacer para llamar la atención. Ya todo está visto, los neones y los tweets nos saturan.
Por eso, es tiempo de volver a lo clásico, a lo atávico, a lo que siempre da resultado desde que el mundo es mundo. A una "performance" que hasta a los rancios haga girar la mirada. Y me da igual por qué protesten, pero han sabido acaparar la atención visual de un mundo lleno de bits, de píxeles y de frames. Y es que la carne, ésta, siempre vende, aunque sean veganos...
A fin dunha época
Moitos dos que se coñeceron en Vanitas celebraron os seus convites de voda no Castillo do Castro; agora xa ningún deles existe.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)