jueves, 17 de octubre de 2013
Putillas & patatillas
Hai un establecemento mítico en Vigo no que se vende un dos productos máis clásicos da cidá*. A "churrería Casablanca".Calquera vigués que se prece de selo, ou calquera estudoso do fenómeno vigués pasou algún día por este templo do tubérculo. Semella que sendo patacas, debía de estar en Ourense, pero en "patatillas" a estes non hai quen lles tusa.
A súa costa empinada, clásica tamén do noso "biotopo" ou "hábitat" é percorrida día e noite para subir ó Corte Inglés para ir ó Centro de Saúde da rúa Cuba (que agora parece un pub), para baixar a vella estación de tren e ata hai case un mes, para ir de putas.
Seica á clásica freiduría viguesa, saíulle un duro competidor no primeiro ou segundo andar. Un "meublé" con actividade febril día e noite. Seica a actividade do segundo duplicou as vendas no local.
Porque máis dun despistado, ou cliente ó que as chatis lle tardaban en abrir pasou por Casablanca a facer tempo. A mercar patatillas, a disimular e mesmo a que non o vise a alguna amiga da súa muller.
Hainos que dicían que ían á una próxima academia. Mágoa que non abría polas mañás, cando moitos acudían... O caso é que desde o mostrador moita bolsa se vendeu grazas ó Chingui Club.
E todo era para que ninguén os pillara "nas patacas".
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario