jueves, 17 de octubre de 2013
Calós, paios e cipaios!!!
Tanto ver "Palabra de gitano" estáme a afectar nas neuronas. E xa non distingo os paios dos calós. Este xoves apareceu no choio, sempre temos visitas insólitas un home de trinta anos cun bebé branco, loiro, roibo e ben guapo.
A verdade é que fitamos para o bebé. Ó home case nin o vimos. Viña buscando á súa muller, pero non sabía a onde viña.
As dúas "cipaias" saían xa para o café. O café é sagrado. Os parias tomámolo de cinco minutos, os semiparias de dez e a raza aria de vinte a corenta minutos.
Saían ó café e non miraron máis.
E alí estaba o home, "un miñaxoia" con aquel bebé no colo. Era una nena e chamábase "Chanel". Cousas do chollo no "mercadillo".
Decatámonos de que era xitanos despois, pero tanto ten non.Eu non son racista, non demasiado e os demais tampouco o deberían ser.
Dixémoslle: pasa e chama á túa muller, a ver onde está. Só sabía que estaba nun sitio a carón do Pull & Bear.Non sabía de memoria o móbil da súa muller e non tiña batería no móbil. Deixámoslle que o cargara para poder ve-lo número da súa muller.
Chanel sorría como nos anuncios.
Finalmente o mozo falou coa súa muller. Estaba en "Red Madre" una oenegué de axuda á nais con problemas.
Está no número dous da Gran Vía.Mirámolo na internet. O home déuno-las grazas e a pequeña Chanel tamén, aínda que fose co sorriso.
A mágoa foi a bronca que aturamos, só porque quixemos axudar.
- Por qué deixas entrar un xitano na oficina e lle deixas chamar? Porque estabas vendo todo. "Pipeando" para roubar. Iso si, desde o móbil, que é o que mola. Estou no móbil!!! Sempre é así.
-Pois se non querías que pasase terllo dito ti, que aínda estabas aquí. Pero tiña moita présa por ir toma-lo café...!!!!
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario