Vistas de página en total

martes, 25 de junio de 2019

No tan bucólico

Se querían entregar. Y arbitraron un sistema que benefició a todos. Gran operativo policial. Superagente fisonomista simulando tener una lesión. Pero hay mucho bagaje detrás. Pactamos una entrega. Simulamos un gran operativo y un gran seguimiento policial. Y así, yo me puedo tratar de mi cáncer, tú puedes dejar tu adicción a la heroína. Y las fuerzas del estado español “ fardan” de una gran operación.

domingo, 23 de junio de 2019

Ay, la cona!

Sedíame eu no peirao do Carril, cando logo de varios inconvintes e pequenas desgrazas e logo de correr o tempo decátome de que algo vai mal e que a noticia pode non saír e digo toda chea coa elegancia e finura que me caracterizan:
-Ay , la cona!!
E medio peirao reviríchase e mira abraiado contra min!!
Un pouco avergoñada dígolles: bueno é que  eu son un pouco macarra e salvaxe, non debería dicir palabras como esa.
E contéstame un dos tipos todo cheo: non, o que me estrana non é que digas cona, " biribiricha" conecha ou o que queiras, o que me alucina é que digas "AY LA cona" mesturando o castelán e non por exemplo a cona que te botou...
Vése que na vida, no idioma como no alcohol, o mellor é non mesturar...

Curta Xentes da Raia - As relacións entre Salvaterra e Monção antes da P...


sábado, 22 de junio de 2019

O derradeiro bebé da illa de Cortegada

Esta é Milucha. Rexenta a panadería Eugenio no Carril. Foi a última nena que naceu na illa onde o seu pai foi guardés. Os seus pais viviron alí sen luz nin auga corrente e cultivando un horto.
A illa foille "regalada" polos veciños, daquela maneira como o agasallo de Meirás a Franco, a Alfonso XIII, seica mediaron  os irmáns Deza e Poyán. Hai quen di que os propietarios que cobraron polos seus terreos gardaron os cartos na banca dos irmáns Deza que logo crebou e quedaron sen nada.
A intención dos carrilexos era que Alfonso XIII veranease na illa, cousa que nunca ocorreu.
Chegou D Juan de Borbón e vendeu a illa, a excusa que lle deu ó pai de Milucha foi que tiña que pagar un tratamento para a súa muller.
O pai de Milucha enfureceu e iso que se levaba moi ben co pai de Juan Carlos ó que visitaba en Estoril.
A illa tamén a quixo mercar Julio Iglesias, pero Eugenio, o pai de Milucha nunca o comentou con Don Juan porque pensou que a illa non se ía vender nunca. Tamén Eugenio tivo moito que ver en parar a superurbanización prevista para Cortegada que a querían converter nunha Toralla ou nunha Toxa.
E esta é a linda historia que me contou Milucha tomando un café na súa panadería do Carril, mentres despachaba empanadillas e " pistolas" de pan que en Vilagarcía son moi heavies e chámanlle "pistolas" ás baguettes.