sábado, 9 de diciembre de 2023
Manuel Novoa; pioneiro da Televisión en Galicia
viernes, 8 de diciembre de 2023
Galicia 2100
Quedan sólo veinte centenarios y está todo lleno de jabalíes, eucaliptos y eólicos. Toda la costa está arrasada con construcciones al borde del mar, rozando las rocas. Los peces muertos invaden la arena y las pocas especies que quedan son alóctonas.
Los ríos y los embalses siguen en manos ajenas al país. Llegando a Pontevedra una columna de humo sigue rompiendo el cielo de la ciudad, la celulosa sigue produciendo dirigida desde Madrid en control remoto, sin operarios.
jueves, 7 de diciembre de 2023
A primeira okupa que vimos morrer en Vigo
Chamábase Laura Elisabeth Jurkievich e estudara na Compañía de María nos anos oitenta. Coido que tiña un ano máis ca min. Outras xornalistas de Vigo cadraran con ela na clase.
Vivía canda o seu mozo e o bebé dos dous nunha casa okupa da rúa Chile en Vigo. Un bo día o seu compañeiro sentimental matouna a el e ó cativo e guindounos nun colector do lixo.
Era o 12 de xuño de 1998. O seu asasino era o sobriño dun coñecido hostaleiro vigués. Collérono axiña en cuestión de días. Hoxe falaríamos de violencia machista, daquela non tal.
A historia veume á cabeza estes días que aínda estamos buscando ó asasino de Judith!
lunes, 4 de diciembre de 2023
Asumir resultados
Es tiempo de contener la rabia y de asumir resultados. Es tiempo de abandonar la calle, las rabietas y las pataletas y pasar a la oposición.
domingo, 3 de diciembre de 2023
A casa do meu bisavó
Pasei mil veces por aquí e nunca reparara en ti. Hoxe foi o día. Souben a historia hai anos, case de casualidade. Pero hoxe sentín algo estrano ó pasar por aquí. Esa chamada do sangue. Foi a casa do meu bisavó. Nacería aquí o meu avó? pouco antes de 1900?
Foi o último dos sete ou oito irmáns que enxendraron Euloxio e Virxinia. Seguro que aquí preparaba os seus casos xurídicos e ofrecía as súas veladas musicais co seu violín ás mozas da vila.
Nunca me cadrou esa afección do meu avó. Non era nobre, nin de alta alcurnia; o que era claro de é que lle gustaba a música.
jueves, 30 de noviembre de 2023
lunes, 27 de noviembre de 2023
O thriller político galego
Un presidente de autonomía que vai a Madrid, unha xefa de prensa muller para todo que manipula á prensa a pracer, que solta bombas controladas para desactivar ás críticas e os escándalos máis graves.
Unha irmá do presidente que é xefa dunha empresa de seguridade e que afronta encargas de sangue.
Un lobby de poder integrado polo presidente dun banco, o presidente dun club náutico, e varios caciques.
Un estaleiro medio crebado, contratas hinchadas para unha visita do Papa, para a creación dun hospital semiprivado.
Estranas mortes, accidentes moi acaídos de persoas que ían contar certas verdades. Esta é a estarrecedora historia que narra Pedro Feijóo e que tem algúns aspectos que se parecen demasiado á realidade galega. Será todo verdá*?🤔