Chamábase Laura Elisabeth Jurkievich e estudara na Compañía de María nos anos oitenta. Coido que tiña un ano máis ca min. Outras xornalistas de Vigo cadraran con ela na clase.
Vivía canda o seu mozo e o bebé dos dous nunha casa okupa da rúa Chile en Vigo. Un bo día o seu compañeiro sentimental matouna a el e ó cativo e guindounos nun colector do lixo.
Era o 12 de xuño de 1998. O seu asasino era o sobriño dun coñecido hostaleiro vigués. Collérono axiña en cuestión de días. Hoxe falaríamos de violencia machista, daquela non tal.
A historia veume á cabeza estes días que aínda estamos buscando ó asasino de Judith!
No hay comentarios:
Publicar un comentario