Vistas de página en total

sábado, 9 de diciembre de 2023

Manuel Novoa; pioneiro da Televisión en Galicia




Pouco se fala dos pioneiros da televisión en Galicia. Aquí tedes ó primeiro cámara de Televisión que houbo en Galicia: Manuel Novoa, pai dos nosos compañeiros, Manuel Novoa , Coque e María Novoa, cámara en San Marcos.
Novoa exerceu cando aínda se gravaba en formato cinema e tamén traballou no NODO e na séptima arte. 
Era un personaxe en Vigo onde vivíu e chamaba moito a atención paseando coa súa leoa 🦁 atada cunha correa como se fose unha cadela.
Os interesados en saber máis sobre este pioneiro podedes ver hoxe sábado en TVG o programa “ Sen código postal” sobre o concello de Nogueira de Ramuín onde naceu. ( E non foi paraugüeiro). Alí escoitaremos ó seu fillo Coque falar dunha figura inxustamente esquecida e que é xa parte da nosa historia.

2 comentarios:

  1. Muchas gracias por lo que pones, 😘😘😘

    ResponderEliminar
  2. De nada María, escribírao para que a xente vise o programa, pero chegou tarde ó feis!!

    ResponderEliminar