Vistas de página en total

domingo, 21 de septiembre de 2025

viernes, 19 de septiembre de 2025

Emocionante despedida do sarxento1º Villamil, da oficina de prensa da Garda Civil en Pontevedra

Este xoves celebramos en Pontevedra a despedida laboral do sarxento Villamil. Un colaborador do eficaz equipo de prensa da Garda Civil de Pontevedra dirixido por Dosi Rodríguez Pallarés. Todo cambiou con eles a fronte. Sempre un sorriso, sempre unha palabra amable. Sempre do outro lado mesmo a horas raras. Porque as noticias non sempre ocorren de oito a tres AM. E sempre dicindo aquilo que poden dicir, aínda que ás veces para nós é pouco. Arroupado por compañeiros, e tamén por xente doutros corpos como a nacional, e eses amigos doutros eidos que todos facemos "no chollo". O discurso de agradecemento tivo que ser pronunciado polo seu General de División Retirado, Luís Iglesias porque os xefes directos de Villamil estaban protexendo en Vigo ó ministro Marlaska. O General lembrou os consellos que lle daba Villamil cando el era novato que daquela non entendía e hoxe agradeceu, como cando o animou a mercar casa. Semella que logo no tempo pouco coincidiron pero o bo recordo quedou. Tamén emocionado parecía o protagonista que agora semella que vai volver á bici. Os que non pertencemos a ese mundo pouco entendemos das súas dinámicas, dese mundo ás veces sen horas. De deixar ó teu bebé de dous meses e internarte nun incendio ou no escenario dun crime aínda que non esteas de garda. Aínda que somos de mundos distintos podemos entendernos. Tamén falou Villamil da flexibilidade que ás veces teñen que ter e lembrou entre bágoas contidas a Pascual Jové que se formou canda el e acabou saltando polo aire nun atentado de ETA en Vitoria. Con eles percibimos o sentido de tribo.Cómo comparten lazos familiares:"soy hijo del cuerpo" " "mi mujer es hija del cuerpo" para os de fóra impacta. Teñen un sentido de comunidade do que carecemos nós. E onte tamén aprendimos o que é "un polilla" que dou por feito que é un de prácticas ou un novato. Longa vida ó sarxento Villamil, comeza un tempo novo que poderá contar co seu novo reloxo. Para nós deixa un grato recordo.

martes, 16 de septiembre de 2025

Tito Montoya; os nosos monstruos

Este é Tito Montoya. Un monstro en estado puro. En 2013 María saía as tres da mañá do vello hospital xeral cando esta besta inmunda lle pedíu un pitillo. Botouse enriba dela, violouna supostamente e non contento con iso obrigoulle a outras prácticas sexuais, quitoulle os cartos e as alfaias. Fuxíu do lugar e estivo desaparecido do radar da xustiza dez anos. Ata que un día roubou nun domicilio e deixou alí o seu ADN coincidente co da violación de anos antes. Ladrón habitual, tamén parece que protagonizou outra agresión sexual brutal cunha muller secuestrada durante un mes coido que en Ponteareas. E aí o tedes!! Patalexando no xuízo porque non quere que lle saquen fotos. Canto medo pasei. Mentres a súa vítima unha muller alegre e riquiña que tiña 51 anos cando ocorreron os feitos desenvolveu unha demencia temperá e tivo que ser internada nunha residencia. Xulguen vostedes mesmos , eu non o deixaba saír do cárcere.

domingo, 14 de septiembre de 2025

Ni la más guapa, ni la que lo hacía mejor

Me dijeron que está rabiosa y que está acosando a su sucesora hasta casi desestabilizarla. Eres lo puto peor chica, además de mala profesional,mala persona. A ti bien que te gustaba decir como Chimo Bayo: "esta sí, esta no" pues ahora chica alguien por encima de ti ha decidido que tú no. Y ahora te toca achantar.

Verán na Ulloa

É unha tenra peli de sobremesa das alemanas que puñan en TVE os domingos á tarde en que unha xornalista da Sexta e un empregado de banco loitan para que un fondo voitre portugués non poña unha celulosa altamente contaminante en Palas de Rei. Manteñen unha loita sen cuartel para salvar o seu río e a súa forma de vida. Mentres os gobernantes non se sabe por qué estrana razón apostan por esta industria á que lle pretenden dar unha importante subvención. Os nosos protagonistas consiguen implicar á Unión Europea e á UNESCO na salvación deste patrimonio único que estivo en grave perigo. Como isto é unha peli de sobremesa o goberno e a pasteira recúan e onde ían poñer a empresa os nosos dous protagonistas montan unha granxa e un hoteliño rural. Gustaríame que fose así unha peli de sobremesa e non unha peli de terror ou que fosen Os Pazos de Ulloa e non os de Altri!!