Vigo, 2059
  Medio século despois  Vigo celebra a nova Reconquista. Gaioso como don Pelayo non permitiu que os bárbaros do norte colleran a caixa sagrada, a arca da alianza, a arca perdida. O noso Indiana Jones septuaxenario evitou que agora falasemos do "símbolo perdido".
   Desde o seu castelo no cruce de Colón con Policarpo Sanz e García Barbón (benefactores do novo gran Vigo e conquistador universal). Gaioso séndolle fiel ó seu nome como outros grandes conquistadores rebelouse diante do Harry Potter coruñés.
   Foi o sereo contra María Pita; Rande fronte ó Porto Exterior. Gaioso, "enjuto" convenceu ás masas desde o Berbés ata Lavadores franqueando as portas da Falperra e da Gammboa. As tropas do Gaioso convenceron para a causa ós de Mos, Pontevedra, Sanxenxo ou Ourense. Harry Potter cría que tiña do seu lado á Forza, pero a forza esluiuse  en dous segundos.
  A guerra foi longa pero doada,  á última batalla acudiu a bordo dun dous cabalos de Citröen o espírito de Leri cos seus sempiternos escarpíns vermellos....
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)

No hay comentarios:
Publicar un comentario