jueves, 27 de diciembre de 2012
Perdidas nas Rebaixas
Chega xaneiro e Maruja está moi deprimida,entroutras cousas porque xa non lle quedan días libres despois de pulilos todos no nadal, Choni decátase e nunha iniciativa inusitada decide organizar unha xornada de rebaixas, as tres xuntas. Pija non quere, qué vai mercar ela con aquelas dúas palurdas que non teñen xeito nin estilo, pero non é capaz de dicirlle que non a Choni.
Empezan nun comercio do Calvario que coñece Choni. Pija entra aterrorizada, mentres que Maruja nada máis entrar se fixa nunha prenda de abrigo.
-Qué é iso? pregunta Pija, non ten marca.Maruja entra toda decidida no probador e decátase de que a prenda que é un talle corenta non lle cabe, e comeza a chorar. Non te preocupes muller, oíches iso de que os xoves son os novos venres, pois a corenta é agora a nova trinta e oito.
Maruja estaba moi ofuscada desque deixou o tranquimazín por prescripción facultativa. Como na tenda non hai talle corenta e dous, saen do establecemnto e continúan o seu periplo por Urzáiz.
Paran un ratiño en Bimba & Lola pero Maruja e Choni abúrrense tanto que saen axiña. Pija queda seducida por unhas katiuskas tipo Hunter que custan 350 euros pero prefere agardar ás segundas rebaixas.
Pasan un bo anaco en Berska, a tenda favorita de Choni, os andeis cheos de chaquetóns de veludo, botas e camisetas con debuxos de cadelos e caveiras parécenlle ideais. Sae de alí con dúas bolsas grandes que Maruja se ofrece a lle levar toda solícita.
Pija non disimula o amolada que está e anda a fedellar todo o tempo no Aifon 5, cambiando o seu estado no twitter.
Á altura de Stradivarius Pija entra en shock.
- Isto xa é moito para min, non podo aturar este fedor, maréome
- Vou tomar un xeado no Mac Donnals, mentres chequeo o Aifon. (Algo que por outra parte levaba toda a tarde facendo).
En Stradivarius Maruja compra un blusón e Choni insístelle para que se leve uns leggings, pero non consigue convencela.
Pija pasa rosmando toda a xornada, non lle gustan as rebaixas, desque alguén lle dixo que era unha "it girl" estaba que non lle cabía un piñón polo cu e non quería que a visen en escearios inaxeitados.
Cando rematan Urzáiz Pija quere ir a Purificación García e a Adolfo Domínguez, pero Maruja e Choni xa están derreadas e non teñen cartos e pasan de ir. Pija colle unha rabecha de aquí a Club de Campo, pero xa non lle fai caso ninguén.
O seu único consolo é chegar á casa e atopar todo en orde: o seu home co "aipad" e o neno coa "tablet", por fin un pouco de paz, "aquilo si que era vida".
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario