viernes, 21 de diciembre de 2012
O primeiro gran fracaso do último cacique
Rafa Louzán muñiu manu militari grandes acordos políticos na provincia entre sabas e manteis.Nalgúns concellos aínda trousan co seu recordo.Convenceu a Nava Castro para que volvese ó PP, conseguiu para Nidia a cadeira de Mos, rodeada de gardacostas; o trono do Porriño para Nelson,Moaña tamén se volveu azul, malia o vermello que ditaban as urnas e se cadra manexou tamén no norte da provincia e houbo máis casos no sur.
Pasou de bedel do concello de Ribadumia, a gran cancerbeiro popular; pasou de colaborador de Nené Barral a compañeiro de Feijóo; de bolseiro de Baltar a rei dos caciques todos.
Pero hai dúas numancias que se lle resisten, a cidade do Lérez e e do Lagares.Aquí non pinta nada, ou moi pouco, tan pouco que ata de Pontevedra se lle van tres edís, aínda que llo quere prohibir a un.
Ai, Louci, Louci que non sempre funciona a Samsonite ou é que desta vez non houbo Samsonite?
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario