martes, 18 de diciembre de 2012
Perdidas no Nadal
O Nadal chega á Illa de Perdidas. E todo se enche de grilandas e luces, ademais dos brillos habituais da roupa de Choni. Maruja non para de mandar power points polo whatsapp e ten xa a tódalas súas amigas cheas e fartas, todas co móbil en modo-avión.
Pero o delirio chega cando as nosas tres protagonistas descobren os vídeos de "electroduendes" e trasgos de nadal que se poden encher coas caras de cada unha. Veña que probar novos modelos, veña panxoliña vén, veña panxoliña vai, os peixes do río están fartos, a burra de Belén ponse a nadar e hai quen di que o Papa se viu na obriga de elimina-la mula e o boi porque estaban en risco de acabar como vacas tolas.
Toda a semana con pitufos, trasgos, e campaniñas de nadal fan que Robinson empece a colvulsionar do shock musical e Maruja vése na obriga* de chamar ó 112, que tarda un tempo en chegar.
Pija ponse a gravar co IPhone 5 ata que a Policía Nacional a manda parar, pero Maruja teima catro ou cinco veces en que aquilo é terreo público e pode gravar canto queira.
Os axentes están fartos da prepotencia de Maruja e de Pija, pero só poden deter a esta última e obsequiala cunha tarxeta regalo do Spa Resort A Lama Residencial dunha semana.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario