viernes, 11 de enero de 2013
Rebaixas II en Perdidas
Chega o venres na Illa de Perdidas e todo o equipo técnico ten cita para o médico, o SERGAS xa anda saturado coas consultas e as baixas en luns e venres, e pensa establecer un copago para que a xente vaia eses días menos ós centros médicos.
Logo da paréntese de nadal na Illa pérdense as chaves do estudio principal e a dirección xeral encarga un cambio de pechadura e unhas chaves novas a unha ferretería moi moi moi barata. As chaves son moi moi baratas, pero non funcionan.
O mítico vento das Cíes trae de cando en vez un cheiro estrano que vai e vén .Choni e Pija andan alporizadas buscando de onde provén e alucinan cando atopan un ambientador achantado que Maruja colocou debaixo da fotocopiadora das de produción.
A costa de xaneiro faise moi dura e empinada nas Cíes, case tanto como a Subida ó faro.
Choni quere volver ás Rebaixas e Maruja como sempre decide acompañala, a morte de Manuel Mota,o deseñador de PRONOVIAS ten conmovidas a ámbalas dúas, sí, sí é o máis famoso deseñador de traxes de noiva, a súa morte foi TROMPIC TEPIC. Por iso Choni en homenaxe decide mercar unha saia vaqueira que remata nun volante de tul.
Pija e Choni apúntanse a un curso de escritura creativa no MARCO en parte por poder vir a terra cada semana e porque xa están fartas de seren personaxes en busca de autor e queren aprender a face-los seus propios guións (neste reality show denominado "Perdidas nas Cíes").
Pija e Choni están gozando co curso e mesmo se animan a participar no proxecto un café un libro da cafeta de "Detrás do Marco", o que lles permite facerse cun libro tras tomar un café.
Maruja pregúntase para qué, qué interese ten aquilo que tan enganchadas as ten.
Ela prefire un disco, ou un calendario ou un vídeo do gangam style.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario