domingo, 6 de enero de 2013
Botaremos de menos a Santi Domínguez
O primeiro recordo que teño de Santiago Domínguez é o dun home en chándal cos seus alumnos do Colexio da Guía, visitando a aula etnográfica do pan ou do mar que había en Coruxo; xa era concelleiro da oposición aínda que non estaba liberado, sería polo 95 ou 96.
Sempre foi un tipo próximo, cercano e simpático, que sorría con naturalidade e que tiña ilusión por moitas cousas. Fartos da soberbia e da incompetencia que na política local houbo, Santi Domínguez tiña un discurso próximo e facía unha política creativa: "seareiros",locais de música, deportes... erros tamén tivo e clamorosos como a Universiada ou a aposta polo bus eléctrico do barrio vello que nunca funcionou.
Pero penso que tivo máis acertos: oficina dos voluntarios cando o Prestige, Programa Camiña e coñece que o PSOE copiou e seguro que esquezo mil cousas máis.
Vigués de verdade, porque naceu en Vigo Santiago Domínguez segue botando a partida cos amigos onde sempre. Tamén ten como todos unha lenda negra, que se cadra o humaniza máis.
A proximidade e o espírito dialogante de Domínguez fixeron del o mellor candidato que o BNG tivo, pero xa estaba no peor partido, nun partido en declive que xa perdera o timón. Un partido que tivo a sorte de gobernar Vigo e que o fixo ben, pero que quixo sumarse ó carro "desarrollista" do PP, escourar á dereita, gañar cartos co urbanismo; e un partido que non puido soportar que Ventura Pérez Mariño gañase a alcaldía. Tanto lles fodeu que o venderon pactando por detrás para soster a Corina Porro e gobernar desde fóra. Ese foi o gran erro do BNG de Vigo.
Supoño que Santi se puido opoñer a aquela política errática, pero case ninguén nos partidos o fai.
Outros menos brillantes como Castrillo ou Porro gobernaron Vigo; outros menos simpáticos gobernan agora.
Botaremos de menos a Santi, o problema do BNG non é Santi, que é se cadra o seu mellor valor.
Agora é preciso que os nacionalistas de Vigo elixan moi ben o seu próximo candidato porque probablemente será o único concelleiro que conserven en Vigo
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario