jueves, 24 de enero de 2013
Un día no Celta, a contracrónica
Hai xente que non sabe de fútbol, NADA. Eu son unha desas persoas. O problema é que por cambios estruturais na miña empresa de cando en vez teño que ir cubrir cousas de deportes, son momentos nos que me pregunto por que o Celta A xoga co Castellón B e cousas así que poñen en evidencia a miña ignorancia. Hoxe cubrín un adestramento do Celta en Balaídos. Para os que non estamos afeitos é un espectáculo tan absurdo, "troglo" diría eu como abraiante.
Os xogadores saen ó campo de un en un. O último soe se-lo que máis interese esperta, hoxe era Iago Aspas. Primeiro corren, logo fan como que nadan en seco e logo espernexan como aqueles pasos de muiñeira nos que había que cruza-los pés.
Despois de quecer empezan a toca-las pelotas, isto último xa teño advertido que pasa noutros eidos da vida.
O mellor das coberturas, como esta a porta pechada son os momentos para o café, mentres os tipos adestran. É un momento para se relaxar, tomar unha cocacola e medio bocata de xamón. Tanto se relaxa un que preguntei a voz en grito entón Iago Aspas é dianteiro? Case me botan do Don Balón
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario