Vistas de página en total

viernes, 16 de agosto de 2013

Mil Rosalías máis para Galicia

Falar de cartos é moi vulgar, pero neste caso é necesario.Adoro a xente sinxela, a esa deliciosa xente normal que te ata ó mundo e que ten os pés na terra.Para moitos non ten mérito ningún, viven en lugares normais, con traballos habituais e contas correntes comúns. O difícil é non perde-la perspectiva cando estás rodeado de cartos e de persoas que che recordan que os tes. E esa era Rosalía, unha muller común por fóra, disfrazada de tipa normal. Sinxela e campechana ;amante do barrio no que naceu e dos bares onde moceou.Hai tanto paleto neste o noso país, tanto novorri co , tanto farináceo que camiña co pescozo ergueito, tanto político de mediopelo e tanto rei da chatarra abducidos -polo golf, pola hípica ou o polo, con rolex no pulso e montados en audis e mercedes que dá gusto topar con Rosalía Mera. Rosalía pasou por Vigo, pero non veu ó Financeiro, nin ó Club de Campo;veu a Érguete a un obradoiro de extoxicómanos e tamén pasou polos peiraos, pero non por Monterreal, veu ós estaleiros a amadriñar e se cadra financiar un buque de investigación. Hai quen a critica porque a milagre Inditex puido ter coma orixe a copia industrial e a explotación laboral da infancia nos países do terceiro mundo; eu non o sei, ou se cadra non o quero saber. Só penso que no téxtil todo mundo fai igual, diferéncianse nos tecidos e nos prezos. Uns véndense nos córners do Corte Inglés e non seducen a ninguén. Outros como Inditex visten a princesas coronadas ou non e a moitas mulleres reais, normais, a case todas nós, a mulleres como nunca deixou de ser Rosalía Mera.

No hay comentarios:

Publicar un comentario