Vistas de página en total

jueves, 15 de agosto de 2013

Queremos ser ilegais

Van acabar con nós. Din que o que se legaliza se mata. Pásalle a algúns matrimonios. E pasa tamén cando queren legalizar esas cousas nosas enxebres e acaban matándoas ou alomenos roubándolles a esenza. Pasou co augardente caseiro, quere pasar cos furanchos. E agora van a polos leira párquings!Que dano farán? Na Illa da Arousa xa os queren legalizar, e disque hai xa outro que moito éxito ten no centro de Pontevedra. Non saben que somos outsiders?Que non nos gustan as leis! Que facemo-lo que nos peta.Si que o saben si. Por iso nos van deixando edificar aquí e acolá.Dicían os nosos pais, se cadra os nosos avós :"Prohibido prohibir" e nós dicimos que non: prohíban por favor, non permitan ,non regulen, apúntense o laisser faire, laisser paser e déixennos en paz.

No hay comentarios:

Publicar un comentario