martes, 29 de octubre de 2013
De putas por Nigeria
Chamábase Uniti Obo, alias Gift John e tiña vinte e tres anos, como tantas outras, entre elas a súa irmá ,exercía a prostitución na zona de Beiramar.
O seu corpo apareceu aboiando nas augas de Bouzas en novembro de 2006 unha fin de semana, e deuse por morte natural. Nixeriana,inmigrante, pobre, negra e puta. Ninguén mirou por ela. Ningunha muller cae soa ó mar.
Daquela sempre pensei que un cliente a matara, pero na poli insistían no accidente, que caera á auga sen máis.
Parecía interesante investigar quen foi o seu último cliente, pero as forzas da orde decidiron que había demasiado ADN no seu corpo e que podería ser de calquera cliente anterior.
Agora case sete anos despois semella que todo encaixa. A Policía recoñece que na captación destas mulleres tivo que ve-lo vudú. Esa seudorrelixión africana chea de ritos atávicos e na que elas cren con fe cega.
Agora parece que se entende por qué aquela fin de semana case ninguén quería falar.
Quen estivo nas honras fúnebres lembra as bágoas da súa irmá, e os ollos asexantes dos homes que as controlaban e que lles ían recolle-los cartos cada vinte minutos.
Daquela non importaba. Agora sí. Agora sete anos despois, porque semella que hai orde gubernamental de reduci-lo número de estranxeiros, agora si que importa. Agora se investiga a mafia, a trata e a venda de mulleres.
Agora tamén se vai investiga-la norte de Uniti Obo, por se algún proxeneta a matou. Agora sete anos despois, se cadra é demasiado tarde; ou se cadra non, porque probablemente xa sabían daquela quen a matou.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario