Vistas de página en total

sábado, 26 de octubre de 2013

"O coro do cárcere" ou "Encarcerados"

Hai cárceres e cárceres! O vello de Vigo na avenida de Madrid onde a xente quedaba tolleita pola humidade, o vellísimo da rúa do Príncipe no que disque aínda hoxe hai pantasmas e o novo da Lama, chamémoslle "A Lama Spa Resort" comparado cos anteriores. Aínda que os hai mellores.Son os Relaix Chateaux dos "trullos" Cando alguén importante comete un delito e ten que ir á cadea ;no caso de ir, non vai a calquera lugar, non. Mario Conde, Blesa, Mariano Rubio ou Roldán non foron á Lama nin a Pereiro de Aguiar. Iso no caso de ir, porque hainos que deberían entrar e non dan entrado ou saen nun pispás como o Blesa. Feijóo 009 fala de "Tarifa plana" por matar, referíndose á supensión da Doutrina Parot; pero o de Blesa máis que tarifa plana, se cadra foi prepago. Pero volvamos ó de antes. Se ti es un delincuente con caché con vas a Almussafes ou a Can Brians. Mándanche a Brieva aínda que sexas un home, ou a Soto del Real cun preso riquiño que che faga compaña. Algúns cárceres españois téñenme resonancias universitarias como El Dueso que parece o Deusto das prisións, ou "Alcalá Meco" que ben podería ser Alcalá de Henares. Son cárceres con nivel, onde podes coincidir con xente importante, aínda que non toda a que debería estar alí. Dalgunhas podes saír con título universitario e de todas segundo acabo de ver saes cando estás licenciado. " Gaudemos Igitur".

No hay comentarios:

Publicar un comentario