Vistas de página en total

martes, 14 de enero de 2014

Bágoas sobre África

Primeiro foi Kasempa e agora era Kamakechi.  "Aquí nunca viran un branco". E alí quedou, baixo a sombra definitiva da árbore que o matou. Para morrer nunha treboada, esmagado por unha árbore se cadra non facía falta saír de aquí.Criticamos tantas veces esas cousas da curia vaticana, que ás veces nos esquecemos desas grandes persoas que hai na Igrexa entre Bergoglio e nós.E alí estaba Gándara coas súas cartas inmensas comendo polo en Kasempa, aforrando para mercar un tractor, galeguizando África e africanizando España. Hai xente que non debería morrer, porque son insubstituibles, porque deixan a moita xente orfa, porque regalan a súa vida ós demais. E aí estaba Gándara, axudando ó que nada ten, sen agardar nada a cambio. Neste mundo noso, no que todo o mundo bota contas de canto dou e a quen e qué obterei a cambio, dá gusto coñecer a xente como el que deu a súa vida por todos e a cambio de nada. A pena é que se fóra tan pronto porque moito quedaba por facer aquí e alá.Deixaches dous continentes orfos: o noso e o teu. Nós podemos tirar coma sempre, pero eles? Haberá alguén disposto a segui-lo teu labor? A se-lo segundo branco  de Kamakechi? Paréceme que non...

No hay comentarios:

Publicar un comentario