Vistas de página en total

sábado, 18 de enero de 2014

Entre chachos e picoletos, road movie na estrada dos Valos

De nenos xogabamos a polis e cacos, agora o conto é outro: xogamos a polis e picos. Ocorría esta semana na estrada dos Valos ó lado de Casa Herminia. A Nacional perseguía un vehículo da Arousa polo vial que une O Porriño con Redondela.Saíndo da capital da narcobisbarra que podiamos agardar? Pois que levase e traese material a un lugar seguro e de paso como unha gasolineira ou unha peaxe.O shock da Udyco e dos da secreta todos foi dar con aquela unidade móbil pintada de branco e verde, con aquel vehículo nodriza da Garda Civil. Co sarxento Quique? ó volante? e o de prácticas mirando abraiado.  Polis deteñen a picos. Pero qué faltaba neste surrealista guión? Un pouco de música, un pouco de folclore xitano que axude a pasa-la farlopa desde O Porriño ata O Vao. E aí o temos, unha produción de Marca España ben digna de Almodóvar.

No hay comentarios:

Publicar un comentario