Vistas de página en total

jueves, 30 de enero de 2014

13 f , salvémo-la sanidade

A penúltima vez que fun á consulta nun hospital vigués non había fonendo, nin termómetro, eran días de nadal.Supoño que días de substitucións, na consulta había goteiras, tamén no hall do hospital e noutras estancias.No hospital máispróximo ó centro e máis vetusto da cidade xa non hai urólogo. No novo hospital redúcense camas e cuartos e tecnoloxía. Vigo xa non será referencia para moitas especialidades.Os pacientes están aquí.Pero os servizos están alá, naquela provincia que ten dúas unidades de trasplantes. Naquela provincia onde todo se fai ó grande, aínda que logo haxa que chamar ós de Vigo e ós de Pontevedra porque non enchen as prazas.AUDASA bate palmas e en Pontevedra bufan. Por qué fan os servizos onde menos xente hai? Por qué obrigan a unha maioría a ir onde hai menos poboación?Por qué estamos sempre castigados? Din o BNG e o PSOE vigués que están levando a Santiago carga de traballo e especialidades de alto custo e alta tecnoloxía para que o novo hospital semiprivado sexa máis rendible. Por qué o SERGGAS contrata ós médicos e non ós celadores ou ós camareiros de planta?Por qué nos queren madrileñizar no mal sentido da palabra? Por que están dimitindo en masa os xefes de servizo do hospital vigués? Se cadra antes de contestar deberiamos ir preparando o calzado para ir á manifa do 13 f.

No hay comentarios:

Publicar un comentario