Mostrando entradas con la etiqueta BNG. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta BNG. Mostrar todas las entradas
domingo, 25 de septiembre de 2016
Galicia 2020
Non puido ser, xa parecía que non ía ser.Con tódalas enquisas en contra.Co PSOE e as Mareas- Podemos a coiteladas, cun BNG morto.E agora xa xabedes catro anos máis de gasosa, que parece que é o que mola, máis que a Mahou, a Estrela Galicia ou a Fanta laranxa. Saben o peor?Que coido que a xente no se equivoca. Un pouco de intoxicación, moito de batallas fraticidas entre a esquerda alimentadas ou favorecidas por algúns... e aí os tedes catro ano máis.
Igual os outros deberían botar contas e preparar unha alternativa solvente para 2020 e así mandar a casa a Feijóo a coidar do rapaz que para daquela xa tería 4 aniños.
jueves, 29 de enero de 2015
Ás voltas coa rotonda
Unha rotonda, redonda,glorieta centra o alto debate político e toda a contestación civil da cidade de Vigo. Voltas e reviravoltas a unha mísera rotonda na que o BNG dá voltas como un hámster, como un burro atado a unha noria, como a roda do muíño de Xil Ríos.
E así tódolos días. E tamén un barco, un barco como o Prestige no que afundir a un alcalde, pero non sempre é tan doado. Non son xente abonda, non teñen tanta razón. E aínda que o barco é unha marulada, aínda que non sexa unha prioridá. Aínda que nunha sociedade avanzanda as persoas sexan antes que as cousas,aquí o único que hai é unha campaña do BNG para proxectar a un candidato que estivo a prol da fusión das caixas.
Hai xente de ben que apoia esta protesta,pero un fedor político tumba que marea,e a atención mediática só demostra que aquí o obxectivo non é mellorar a vida de aqueles que menos teñen.
domingo, 6 de enero de 2013
Botaremos de menos a Santi Domínguez
O primeiro recordo que teño de Santiago Domínguez é o dun home en chándal cos seus alumnos do Colexio da Guía, visitando a aula etnográfica do pan ou do mar que había en Coruxo; xa era concelleiro da oposición aínda que non estaba liberado, sería polo 95 ou 96.
Sempre foi un tipo próximo, cercano e simpático, que sorría con naturalidade e que tiña ilusión por moitas cousas. Fartos da soberbia e da incompetencia que na política local houbo, Santi Domínguez tiña un discurso próximo e facía unha política creativa: "seareiros",locais de música, deportes... erros tamén tivo e clamorosos como a Universiada ou a aposta polo bus eléctrico do barrio vello que nunca funcionou.
Pero penso que tivo máis acertos: oficina dos voluntarios cando o Prestige, Programa Camiña e coñece que o PSOE copiou e seguro que esquezo mil cousas máis.
Vigués de verdade, porque naceu en Vigo Santiago Domínguez segue botando a partida cos amigos onde sempre. Tamén ten como todos unha lenda negra, que se cadra o humaniza máis.
A proximidade e o espírito dialogante de Domínguez fixeron del o mellor candidato que o BNG tivo, pero xa estaba no peor partido, nun partido en declive que xa perdera o timón. Un partido que tivo a sorte de gobernar Vigo e que o fixo ben, pero que quixo sumarse ó carro "desarrollista" do PP, escourar á dereita, gañar cartos co urbanismo; e un partido que non puido soportar que Ventura Pérez Mariño gañase a alcaldía. Tanto lles fodeu que o venderon pactando por detrás para soster a Corina Porro e gobernar desde fóra. Ese foi o gran erro do BNG de Vigo.
Supoño que Santi se puido opoñer a aquela política errática, pero case ninguén nos partidos o fai.
Outros menos brillantes como Castrillo ou Porro gobernaron Vigo; outros menos simpáticos gobernan agora.
Botaremos de menos a Santi, o problema do BNG non é Santi, que é se cadra o seu mellor valor.
Agora é preciso que os nacionalistas de Vigo elixan moi ben o seu próximo candidato porque probablemente será o único concelleiro que conserven en Vigo
viernes, 5 de noviembre de 2010
O bluf do BNG
O BNG foi durante moitos anos en Galicia o símbolo de que outro país era posible. O respecto polo idioma, pola paisaxe, a ética e a nobleza.
Logo do seu paso polo goberno galego viuse que non era así. Moitos dos que votaban outras opcións políticas respectábano e aprezábano. O BNG esmagou esa ilusión colectiva co seu paso polo goberno. Políticas desarrollistas en Vigo da man do PXOM. Políticas caciquís de Quintana e grisura intelectual.
Enchufismo e nepotismo salvaxe nas áreas que gobernaron: consorcio do Benestar, Xacobeo, e concurso eólico.
Aberrante política de comunicación co lanzamento de xornal a través dun construtor-amigo.Das chamadas ás redaccións de Antón Losada prohibindo cubrir actos ós medios que non daban a información como eles querían.
O paso do BNG polo goberno galego ten un recordo lamentable. Con el na área de industria vendeuse FENOSA e FADESA e nunca se chegou a facer o centro de reparación naval na ría de Vigo que tanto se anunciou. A súa política agraria a prol da pataca ou do leite dos que tanto falaban na oposición non se mirou. A política forestal ídem.
O cátering para os vellos, e as festas amenizadas por Piñeiro ó ritmo de pasodobre completaron a astracanada. Houbo ademais vellos secuestrados en plena campaña, obrigados e enganados a asistir a un mitin de Quintana nun coñecido hostal de Oia.
A gran clave da non reedición do bipartito foi a nefasta política do BNG que obtivo a súa recompensa nas urnas.
E así vai en caída libre. Co apoio do seu brazo sindical que só defende ós posuídores do carnet da estrela.
Mataron ó gran mentor, a Beiras. E o partido esfarélase: Movemento pola base, Irmandiños, Máis BNG, BNG auténtico e mil grupúsculos máis. Longa vida ó BNG, alí na oposición!

sábado, 10 de enero de 2009
As reviravoltas ideolóxicas do Superpequerrecho
Antes era do PP a morte como se non existira outra opción, pero o cambio de goberno fíxoo do bloque a morte, que curioso. Antes comía con delegadas de cultura como Rosana e agora non hai sarao benegallo que se lle resista.
Parece que coas rebaixas vén ben un cambio de chaqueta. Que vaia mercando outra porque agoran veñen as eleccións e se cadra gañan outros e entón ó mellor en vez de se-lo bardo das políticas de benestar tense que implicar na ordenación do territorio. Ai que dura é a vida!! Xa o dicía o outro, programa, programa, programa.

Suscribirse a:
Entradas (Atom)