lunes, 26 de septiembre de 2016
Parabéns!
Hoxe cómpre felicitar a Núñez Feijóo.Cómpre felicitar ó PPdG e a todos os que fixeron posible este trunfo.Primeiro ós que lle votaron.Despois á xuíza de Lugo que imputou a Gómez Besteiro o mesmo día en que recibía o prace de Pedro Sánchez.A Abel Caballero e ó seu sobriño a pelexaren diante das televisións e a poñer pancadelas ó candidato Leiceaga.A todos os que quixeron estragar as Mareas e Podemos desde dentro e desde fóra especialmente a Carlos González Armada que hoxe poderá descorchar o champán.
A todos aqueles que publicaron calquera desencontro na esquerda e minimizaron as liortas do PP; especialmente á Voz de Galici por explicarnos o guapo, listo e o bo mozo que é Feijóo aínda en idade de procrear. Tamén por difundir o bo que é para as mulleres pariren ós 51. A OMS, a Asociación Galega de Obstetras e de Xinecólogos están moi contentos con ese labor didáctico e pedagóxico que fan.Tamén están moi contentos nas clínicas de reprodución asistida do país. E xa ven aquí hai moita xente que colaborou.
Noraboa tamén a tódolos que no foron a votar, e ó fillo de Feijóo que humanizou a papá.
E xa saben a gozar do votado que teñen para catro anos máis!!
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario