Vistas de página en total

Mostrando entradas con la etiqueta Núñez Feijóo. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Núñez Feijóo. Mostrar todas las entradas

lunes, 26 de septiembre de 2016

Parabéns!

Hoxe cómpre felicitar a Núñez Feijóo.Cómpre felicitar ó PPdG e a todos os que fixeron posible este trunfo.Primeiro ós que lle votaron.Despois á xuíza de Lugo que imputou a Gómez Besteiro o mesmo día en que recibía o prace de Pedro Sánchez.A Abel Caballero e ó seu sobriño a pelexaren diante das televisións e a poñer pancadelas ó candidato Leiceaga.A todos os que quixeron estragar as Mareas e Podemos desde dentro e desde fóra especialmente a Carlos González Armada que hoxe poderá descorchar o champán. A todos aqueles que publicaron calquera desencontro na esquerda e minimizaron as liortas do PP; especialmente á Voz de Galici por explicarnos o guapo, listo e o bo mozo que é Feijóo aínda en idade de procrear. Tamén por difundir o bo que é para as mulleres pariren ós 51. A OMS, a Asociación Galega de Obstetras e de Xinecólogos están moi contentos con ese labor didáctico e pedagóxico que fan.Tamén están moi contentos nas clínicas de reprodución asistida do país. E xa ven aquí hai moita xente que colaborou. Noraboa tamén a tódolos que no foron a votar, e ó fillo de Feijóo que humanizou a papá. E xa saben a gozar do votado que teñen para catro anos máis!!

jueves, 10 de septiembre de 2015

Xente de boa fe

Opina o presidente Feijóo que entre as duascentas mil persoas que se manifestaron en Vigo contra a xestión do Hospital Álvaro Cunqueiro, seguro que había moitísimas personas de boa vontade e de boa fe.Xúlganos desde a superioridade e desde a soberbia. Considera que están errados e manipulados.Non considera que este país seu teña cidadáns adultos e maduros.Pensará o mesmo de eles, cando o votan masivamente a el.Quizás tamén polo baixo cando ganaas eleccións pensa que foi grazas ós votos desa xente inmadura, e de boa fe que non sabe o que é bo paea eles...