Mostrando entradas con la etiqueta xornalismo. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta xornalismo. Mostrar todas las entradas
sábado, 30 de noviembre de 2019
La moda de los columnistas “ galegos”
Os galegos somos traficantes , tamén de palabras desde Martín Códax a Jabois pasando por Rosalía.
Hai moitos que teñen celos, pensan que é unha moda ou unha corrente pero eu penso que non, que aquí hai moitas historias e moito xeito para as contar.
Seguirá habendo moitos articulistas galegos porque son moi bos,hai quen os engloba no xornalismo cipotudo, pero eu penso que son máis caralludos que cipotudos.
Aquí tivemos escola de Camba a Valle Inclán. Colmenero, Rolland, Jaureguizar,Manuel Lourenzo, Ana Cermeño e se cadra Tallón.E seguro que esquezo a moitos máis. Que nunca cese o tráfico das nosas verbas!!
martes, 12 de marzo de 2019
90-60-90
Qué cadena de TV española le pide a las periodistas presentadoras que con el currículum envíen una foto de cuerpo entero y sus medidas?
sábado, 29 de septiembre de 2018
Entre el Opus y el porno
La maravillosa profesión que ejercemos: el periodismo, a pesar de sus miserias y carencias nos permite conocer al gran abanico social desde abajo y hasta arriba, pasando por en medio.Como don Juan Tenorio: “A las cabañas bajé ,yo a los palacios subí”.Supongo no haber dejado como el literario seductor: “ memoria amarga de mí”.
Los profesionales de la sanidad pública, lo tengo pensado algunas veces también se cruzan en su día a día con lo más granado de la sociedad, lo más común, lo más vulgar o lo marginal.
Y esa es la grandeza de nuestro trabajo que con el mismo calzado( nunca sabemos adónde iremos) vas a un palacio, al club financiero o a un cobertizo marginal( pendello, alpendre, cuberto, alboio) o infravivienda.
En este nuestro paseo vital pisamos alfombras persas, sintasol, farrapos( jarapas) o bosta de vaca( estrume) o tierra quemada da igual. Y un día entrevistas a un Obispo y al siguiente a una estrella del porno, y eso-todo en general es lo mejor de nuestro maravilloso oficio.
lunes, 18 de junio de 2018
Noticias orfas deste luns
Os veciños de Coruxo reuniránse o martes pola mañá ás dez e media coa Valedora do Pobo. Levaránlle as 5.000 sinaturas para que non desapareza o servizo de pediatría no seu centro de saúde.
-Por qué as analíticas das augas do mar as fai TRAGSA se a administración galega ten biólogos de seu?
-É verdade que as augas das praias de Cesantes e de Arealonga rozan ou rozaron o pasado 12 de xuño os límites saudables mínimos.
- É verdade que a auga de Vigo rebasou os límites de ferro permitido en numerosas ocasións e que a estación potabilizadora que deberían pagar concello, xunta e ministerio, contruída nos anos sesenta está obsoleta?
Son noticias que non gustan, algunhas ninguén as confirma e outras ninguén as quere publicar. Son: noticias orfas.

miércoles, 10 de mayo de 2017
Periodismo de pago
La prensa rosa basura ha distorsionado el mercado de la comunicación. Algunos se creen que pagamos a los entrevistados, y pretenden cobrar.Otros, los menos creen que hay que pagar por salir, cosa que no es cierta por lo menos en televisión. Dicen que en Intervíu te pagan por salir, pero también si eres una " choni de medio pelo " puedes pagarte tú la promoción. Dicen que alguien de la etnia pagó para que saliese en portada desnuda una mujer que iba en su candidatura aquí en Vigo.
También aquí una mujer no pudo salir en las teles de la comunidad porque un magazine mañanero de televisión que se emite desde Madrid le había pagado por una entrevista en exclusividad.
Tampoco se pudo grabar esta semana en el Santuario de las Apariciones de Pontevedra porque alguien tenía ya los derechos del lugar.
Y será normal que hoy en día que casi nadie paga por informarse, haya gente que pretenda que le paguen por declarar? O por grabar un santuario al que casi nadie va?
A ver si va a ser verdad, que casi todo tiene un precio.

lunes, 30 de enero de 2017
Depredadores laborais do xornalismo
Hoxe cadrei cunha persoa que traballou a principios dos 90 nun xornal galego.Traballaba directamente ás ordes dun xefe de sección, que lle fixo a vida imposible ata que conseguíu con malas artes a botaran do xornal. Esta persoa decidíu ir a xuízo e gañou.
Os compañeiros de sección do resto dos xornais da súa cidade arrouparon a esta persoa no seu xuízo que finalmente gañou.O depredador que a levara a aquela situación vendo que esta persoa contaba con tanto apoio, achegouse a ela tralo xuízo para a felicitar.
A mesma persoa, o seu xefe de sección que provocara aquela situación; e que hai xente que os ten cadrados e non é a primeira vez.
Cando abra o seu armario igual o atopa cheo de cadáveres ou de esqueletes xa. Pero máis de 20 anos despois aí sigue dirixindo a súa sección na que se cadra está el só e dous bolseiros.
lunes, 12 de diciembre de 2016
Cebrián
No me gustas Cebrián.Tu padre ya era un viejo facha a las órdenes de Franco.Y tú a tu manera también lo fuíste.Primero en Pueblo y luego en TVE, pese a estar aún en manos de la dictadura. Hay que irse metiendo ahí como sea te dijo tu cuñado y tu le hiciste caso.Pasándose la ética y la coherencia política por el forro de los adminículos.De ahí al País de la mano de Fraga, que orgullo eh? Entonces decíais que el viejo león de Vilalba era lo más moderno de la derecha franquista.
Los siguientes años en El País no los puedo criticar Quizás hicisteis un producto para llenar el hueco de mercado que había; esa gente de izquierdas, o no, que añoraba la libertad.Y el periódico triunfó. Supersueldoa, cuentas en paraísos a nombre de tu mujer, regalos de empresarios dudosos, y ahora una deriva escandalosa hacia la derecha. Hacia esa derecha que te parió. Tú mismo reconociste que tus padres estaban en el bando de los que ganaron la guerra. Y tú en qué bando estás? En el de los que ganan siempre? No importa de qué modo.
Ahora te sigue interesando que gané quién ganó para que nadie levante tus alfombras y vea que pasó.
Y en tu vida personal también te apuntas a la moda, a lo que se lleva; por eso cambias de mujer cada veinte años, cuando se empiezan a arrugar, como las camisas.
Cambiando de camisa y de mujer. Y yo pienso , quizás estés ahora donde siempre has estado en la derecha más radical: yo, me mí conmigo. Camisa limpia y mujer nueva cada vez.
miércoles, 9 de noviembre de 2016
Otra estafa mediática
Los medios europeos daban por segura la victoria de Clinton.Nos engañarpn otra vez.Cómo iban a votar los americanos a ese cerdo con ese tupé oxigenado y a la "virulé".
Pues sí, volvió a ocurrir, los medios publican lo que sus directores y los poderes económicos y políticos desean que ocurra y no lo que se prevé que va a ocurrir.
Aquí en Galicia a los de Vigo nos pilló con el pie cambiado la victoria de Marea en A Coruña,Santiago y Ferrol.Sobre todo en A Coruña, según La Voz, a Galega y los medios de Vigo el favorito era el PP, algunos de nosotros aún no nos hemos repuestos del shock!
lunes, 7 de noviembre de 2016
Farta de homilías, xornalismo, caso práctico
Menor,sexo feminino, 12 anos estimados, borracha como unha cuba na tarde do sábado ás 19.15 ás portas dun gran centro comercial próximo á Gran Vía viguesa.
A noticia publícase en Atlántico Diario e obviamente hai que dala.Hai que contar o que pasa, alertar á sociedade e animar á prevención.
Co " mantra" de é unha menor, é unha menor,non é maior de idade, levo adurmiñada toda a mañá. Semella un rap.Ou unha cantiga de escarnio ou maldicer.
É unha menor dinme no 061, non che podo nin confirmar a edade, non che podo falar do caso puntual; nin tamñoco darme porcentaxes de casos semellantes para saber se estamos diante dun grave problema social.
A mesma cantilena repítenme na Policía Nacional que só tres horas despois me confirma que a nena ten 13 anos.
E así toda a mañá, que se nos estamos apuntando ó carro, que nos estamos enganchando a un culebrón xornalistico, serpe de verán ( ou cobra tan típica destas datas😀).
E así todo o tempo; por Deus!
Que eu non quero saber cómo se chama? onde vive? nin a qué colexio vai.Só quero contar unha historia e contextualizar non é o mesmo 12 que 15 ou 17. Aquí tamén recibín outra lección de ética doutro que se pensa un egrexio xornalista rexional. O caso é que despois de tanta 13-14 conseguín facer a noticia, sen apenas información.
Entre protección de datos e a lei do menor cada vez os gabinetes menos información dan. Acaban obrigándonos a recorrer a outras fontes menos profesionais e máis viciadas.Ó lercheo veciñal. Os díxome-díxomes, os ruxe-ruxe, lu os falo do disque tan habituais no noso país.
Iso ou inventar ou recrear os datos que non nos dan. E éu a verdá* cada vez teño máis esta tentación.
sábado, 30 de julio de 2016
Os vicios do xornalismo
Gárdao para mañá que non hai nada, iso é moi local. Imos agardar a que a noticia se consolide, a que saia noutro medio, a que teña o seu pouso.Iso non o damos que xa o deron Chiño e Cholo.Esa peli/serie prodúcea a competencia; iso pode xerar alarma, iso non lle gusta ó director xeral;iso xa o demos moitas veces ( dous domingos ás tres da mañá). É mellor non menealo, deixémolo estar, é un simple ruxe ruxe. Iso é publicidá*.
Iso móveno os radicais, iso móveno catro mosqueados, iso é todo política, iso non interesa a ninguén. É qué pasa ó final?
Que o que non interesa a ninguén é o que emitimos nós.
viernes, 11 de diciembre de 2015
Mafia periodística local
Saír no xornal custounos cincuenta euros díxome o " jicho". A cara "fundíuseme a branco", cóooomo? O delegado territorial/corresponsal cóbralles aos paisanos por saír no xornal? Abraio de vez, agora entendo algunhas cousas.Cómo eses que nos preguntan de cando en vez: cánto hai que pagar? Aquí non se paga nada ou non se debería. Aquí o único que se vende é a publicidá*. Hai tempo que escoitara cousas das"mañas" xornalísticas desta personaxe, pero o de hoxe nunca tal escoitei. Qué pasa que nas páxinas da súa bisbarra só sae quen paga? E onde rematan os cartos? Porque parece seguro que non reverten no xornal...abraiada estou!!
jueves, 21 de agosto de 2014
Todos tenemos un amigo
Tengo un amigo que trabaja en un medio de comunicaión altamente controlado por el poder. Nunca decide qué noticias hace ni siquiera cómo. Un cúmulo de directores, redactores jefes, jefes de sección mangonean en sus noticias.
Le dicen a veces cómo tiene que enfocar, redactar, e incluso qué fragmentos de entrevista debe entrecomillar y cuáles no.
A veces piensa que trabaja en una serie, en el departamento de ficción.
Él explica lo que pasa, lo que le cuentan y lo que ve; y los jefes "novelan", "ficcionan", y desarrollan una labor creativa y creacionista.
-"Eso ocurrió, pero a nosotros nos interesa contar esto otro..."
El vicio es tanto que cualquier jefe de mediopelo o sustituto le dice lo que debe poner. El drama es tal que a veces lo que escribe no se parece nada a lo que ocurrió.
sábado, 17 de mayo de 2014
Semana raruna
Protagonizar unha road movie diante do coche do garda forestal, sentirse como Ariadna Gil en Cuéntame en Terras Gauda,compartir minutos cun expolítico-xornalista de esquerdas con síndrome de Estocolmo son cousas que me pasaron nesta semana.A calor por fin invadiu praias e terrazas. Os da"ernia" xitana non tiveron actividade esta semana,pero volven á carga a vindeira: van a polo picoleto e a polo garda "florestal"ou"floreal" que non sei moi ben como din.E hai cousas boas da campaña electoral, isto parece un parnaso:nova ponte de Rande, conexións de Peinador con tódalas terminais europeas? Podías telo feito antes, non Anita Pástor?
martes, 12 de noviembre de 2013
Tralo ronsel do cadáver
Os programas matinais viven enganchados ás desgrazas alleas e convértense en "asusta-marujas". Estirando en capítulos interminables e nun serial episódico sucesos que se poderían resolver de vez.
Ocorreu por vez primeira a noite que desapareceron as rapazas de Alcasser, daquela unha sociedade menos castigada polo morbo contivo a duras penas o vómito e penalizou para sempre a Nieves Herrero.
Desque trunfaron os programas matinais o suceso e o morbo son unha constante ata a hora do vermú. O "revolto de fígado no seu sangue" é o menú do día sobre todo das privadas: Telecinco e Antena 3. O pago a testemuñas: xa sexan vítimas,agresores e familiares de ámbolos dous distorsionou hai tempo a paisaxe informativa dos grandes sucesos. A pelexa en directo polos entrevistados entre a Doutora Grissom e a Ana Rosca deixou nas videotecas capítulos xeniais.
A retención de entrevistados como a muller do suposto asasino de Mariluz foi arrepiante. Nada se pode esperar tampouco dunha señora que asinou un libro que outro escribiu copiando dun betseller.
E logo está a outra: a terceira en discordia, a do "cerebro blandito" que estaría ben para Miss Tudela pero non dá para máis.
O refocile constante na busca de Marta del Castillo esaxerando os capítulos máis morbosos,o despregue bestial no Caso Bretón con simulación de fogueira nalgunha conexión en directo para ver canto tardaban en arder uns ósos... son algunas das historias máis estomagantes e noxentas que puiden presenciar.
E agora todo este show macabro traladouse aquí, a carón: a Compostela. E aínda nos doe máis. Todos estes voitres macabros, entre os que ás veces nos atopamos aniñaron aquí como corvos.E alí están "novelizando" o asesinato de Asunta, entrevistando ó avó da nena, reproducindo a carta da nai e contando unha chea de cousas irrelevantes en tempo real.
E a gran catedrática catódica das mañás pontifica: "en Santiago teñen que convivir co drama de ser conveciños dun asasino"...
E isto xa cheira que "alcatrea" como diría a outra. Os equipos dos programas máis "cuprofáxicos" xa alugaron pisos aquí.
E como o de Asunta decae; van e teñen un rumor de quinta man de que aparece un corpo na Armenteira ( sería o paxaro de San Ero?), saído do twitter da gran Anarrous, e alá, alá imos todos como parviños, a ver onde está. Que un cadáver é un cadáver... E a verdade non sei por que non poñemos as cámaras fixas xa en EMORVISA e Vigomemorial, porque alí teríamos faena tódolos días.
Ninguén sabe de onde saíu o rumor, ó final vai ter razón Taín, que coas redes sociais, todo se receba sen confirmar, e un macabro bromista convértese en guionista do telexornal.
E a "copialibros" ten que recuar en directo e canda ela tódolos demais...
Menos mal que a filla da Pantoja vai ter un bebé !!!Que Deus nos libre da necrofilia e da tanatofilia que enche as nosas programacións...
sábado, 26 de octubre de 2013
Paramundo noticioso
Da igual la realidad. Nosotros seguimos con nuestras vainas.Los perros sueltos, los baches, los jabalíes que se jalan las cosechas y así...
sábado, 27 de julio de 2013
Angrois, a última curva
Todos nós fomos alguna vez a Santiago en tren. Algún de nós aínda vai de cando en vez. Por iso parte de nós quedou na última curva.Nesa que segundo a mítica lenda a todos nos agarda a Parca coa súa gadaña.
Son cousas que non deberían pasar. Os trens do AVE non deberían ter que circular a 90, non deberían ter traxectos con curvas pronunciadas.
Non deberían, non deberían, non deberían e veña todos a dar lecciós*
Non debes falar dos mortos, non debes dicir quen son, non debes ensina-los cadáveres. Falas moito, falas pouco, céba-lo morbo ou es inhumano. Onde están os límites? A mayoría dos xornalistas que cubren ese suceso subiron alguna vez a ese tren ou a outros parecidos.Cada un deles tenta informar, se cadra contendo as bágoas, se cadra pasádose de frenada porque no barullo da traxedia non aquela ben ou porque o seu medio llelo esixe.
Critícannos os mesmos que agardan no lugar do suceso o levantamento do último cadáver, por`pracer; mentres que nós imos alí por obriga porque os nosos xefes nos mandan e porque hai xente como eles: o público que ve ese tipo de contidos que nós nos vemos na obriga de facer.
miércoles, 15 de agosto de 2012
Mamadou Kane versus Rafa Estévez
Canto vale un fotógrafo ou un xornalista? Moi pouco, só cómpre ver moitas das nosas nóminas. Agora saberemos ademais que pensan os políticos e os xuíces de nós. Se meterlle unha "marimba" a un fotógrafo miúdo entre catro axentes armados pódelles saír de balde a eses policías.
Rafa Estévez sen querer dá un empurrón a un axente nunha cobertura tumultuosa. Ocorre mil veces. Algún de nós empurrou a un conselleiro sen querer, deulle cun trípode a un alcalde ou ámbalas e outras cousas á vez como o noso amigo Herbie. Houbo quen tamén sen querer case lle queima a calva ó Rei e malia o exército que ese señor leva non lle pasou nada...
Son gaxes do oficio, ás veces os golpes levámolos nós e son tamén sen querer e nunca pasa nada.
En 1996 tamén CATRO POLICÍAS ( parece que sempre van de 4 en catro cando van mallar,que heroicidade) desta volta locais sorprenderon ó senegalés Mamadou Kane sen documentación cun posto ambulante en Samil. Detivérono e subírono a un monte de Beade onde tamén lle meteron unha boa malleira e o insultaron segundo o seu testemuño.
Daquela montouse un rebumbio político, social e mediático que culminou cunha denuncia de Mamadou Kane ós axentes que o agrediron. Gañou nos xulgados, os policías aqueles quedaron estigmatizados e estiveron afastados das rúas durante algún tempo foran inhabilitados aínda que ó final foron indultados polo goberno español logo dalgúns anos.
No caso Mamadou non había testemuñas do que ocorreu no monte, non había fotos e vídeos reproducidos ata a saciedade na internet estes días; pero había vergoña, parece que máis que agora.
Ou é que vale máis un inmigrante senegalés que un xornalista ou un fotógrafo?

Como quen oe chover
Aínda ferve nas nosas retinas a imaxe de Rafa Estévez que todos vimos no Vigo al Minuto , no Diario de Pontevedra, no Mundo ou no País, tirado no chan esmagado por catro policías nacionais.
Todo porque deu un golpe sen querer ( hai presunción de inocencia oun non? ) a un axente da Policía Nacional nun acto tumultuoso deses nos que todos nos rozamos sen querer.
Os axentes da Policía Nacional están nerviosos ou non hai maior delicuente que unha persoa que intenta face-la mellor foto?
Debería haber respostas e que estas sexan áxiles. Por casualidades da vida coñecín a Rafa cando era un neno tímido e riquiño, e logo deveniu nun gran profesional cauto e responsable que non merece nada así, digno daquel neno que foi. Varias horas en comisaría, xuízo rápido aprazado e agora polo penal? Non podemos permitir algo así.
Alguén debería explicárnolo e pedir responsabilidades quen nos defende desta policía? Son inmunes? Poden face-lo que queiran sen ofrecer explicacións? Porque a un se lle pode i-la man, pero non a catro.
Tamén me gustaría que aqueles persoeiros que estaban en Peinador ben prestos a saír en imaxes como as que Rafa tentaba captar defenderan ó noso compañeiro, que é un de nós, un calquera, un inocente que pode cometer un erro pola présas e polo tumulto. Queremos que tamén eles falen. Estamos afeitos que nos insulten , a que nos berren a que digan que somos os culpables da crise ou da morte de Lady Di,que "tragiversades todo" pero ata agora en Vigo nunca nos sentiramos como terroristas ou asasinos... ( que a eles os tratan mellor).
Agardamos unha resposta porque onde hoxe está Rafa calquera día podemos estar nós...

jueves, 7 de abril de 2011
Un asasino? entre nós
Era un rumor reiterado e persistente. Mira o cámara ese que vén de Santiago, ese é o sospeitoso da desaparición de María José Arcos. Parecía tan raro e surrealista que non era. Entre os cámaras da Española en Galicia habíaos míticos O Yáñez(xubilado), o Xcenic adicto ós sucesos, o irmán de Corina Porro entoutros.
Din que en San Marcos na TVE había redactoras que non querían traballar con el, que acosou maquilladoras e é sospeitoso tamén dunha desaparición en Pontevedra.
Era tan abraiante que parecía non ser verdá* , como podemos estar aquí na Xunta de Vigo, nunha xuntanza do metal co tío este que disque seica matou a esta muller... era tan macabro e ocorría nun país como o noso que é aparentemente avanzado que non podía ser.
Coido que se nós convivísemos cun rumor así non seríamos quen de sorrir coma se nada. Cando vemos que os demais andan a cobadazos, dicindo: mira parece que este foi o que matou a María José.
A vida vai sei guión, pero ás veces vai deixando pistas e estas parecen moitas e macabras...
Ogallá non fora certo que ó mellor non é. Pero o mal momento, o mal trago dos veciños da súa vivenda, dos colegas de San Marcos que o viron canda a policía nunha hipotética reconstrución do crime non o esquecerán nunca. Moitas veces nós convivimos cos asasinos supostos ou non, nos corredores dos xulgados nas salas de vistas ou na traseira da rúa Lalín. Pero convivir con eles nun corro deses que facemos para coller declaracións éche moi forte. Termar do micro de quen supostamente matou a esta muller é bastante forte.Normalmente asasinos e contadores de historias non compartimos plano. A realidade esixe un cambio de eixe.E a vida xoga ás veces estas tremendas pasadas.
O último día que coincidimos con el quería quedar a tomar algo canda nós. O ruxe -ruxe era tan forte e a historia tan atroz que non quixemos saber nada del.
No caso de que sexa que a matou que apodreza no cárcere e que diga onde está o cadáver.
E se non é el que nos perdone a todos porque levamos quince anos falando disto.

sábado, 19 de diciembre de 2009
Noticias do pasado
Dun tempo a esta parte os xornais teiman por reeditar noticias do pasado nun eterno flash back ou un vello nodo.
Semella que o "revival" non se acaba nunca: as foxas do franquismo, as esquelas dos mortos na guerra ou a deriva errática do Prestige.
A mirada sobre o pasado fai que ás veces nos falten as novas do presente e as predicións sobre o futuro, moito máis interesantes para os que nos len.
Parece que a información e a acción política se rexen máis polo pasado que polo futuro.Son as liñas de fuga do mundo editorial para evita-lo presente e fuxir do qué virá.
As esquelas dos republicanos e dos franquistas que se atrincheraban nas páxinas do País e do ABC hai uns anos foi un dos aspectos máis surrealistas desa volta ó pasado, deste gusto polo vintage xornalístico.
Agora os grandes próceres do retrospectivismo acaban de levar un gran pau. Logo de anos especulando e peparando o rescate dos ósos de Lorca , contravindo os desexos da súa familia, o destino xógalles unha mala pasada. E alí onde buscaban a gran pedra angular da memoria: atoparon un inmenso baleiro....un futuro que non se pode escribir e que queda como quixo a familia nunha páxina en branco.

Suscribirse a:
Entradas (Atom)