Vistas de página en total

jueves, 28 de septiembre de 2017

CSI Cinema Vigo, a historia que ninguén quixo escoitar

O nove de marzo de 2012 ardía o cinema Vigo, abandonado e habitado ocasionalmente por ocupas.Os vecinos levaban máis de 15 años denunciando á propiedade pola insalubridade do predio.O vello cinema onde aínda se estreou "The last patrol" de Óscar Suárez en agosto do ano 2000.
Din os que saben que aquel vello cinema, primeiro propiedade  de Eugenio de Haz e logo do  Grupo Fraga tiña varios elementos a conservar: como o bar e iso  debeu impedir que unha empresa de ximnasios e varios grupos relixiosos se interesasen en serio por el.
De doado acceso por ser grande e con varias saídas de  emerxencia moita xente se colaba nel. Ese morbo polos  espazos abandonados con alma como era o cinema aquel.
Ana Iglesias íase de viaxe aquel día, no portal ulía a leña queimada, pero non prestou atención.
Aquel día víu como dous homes novos vestidos con roupa de marca, un deles de cor entraron na parte traseira do cinema pola rúa  Pracer, sorprendéulle un pouco, non parecía que fosen alí a trapichear e a se picar.
Cando chegou ó coche decatouse de que esquecera as gafas de sol.Entrou no portal e  cando entrou no ascensor víu ó negro aquel que antes vira no solar, parado, sen marcar: agora ía subir dille nervioso,como se estivese agardando a ver qué tal prendía o solar. Ninguén quixo escoitar a súa versión.Pero o Cinema Vigo quedou sen elementos a conservar.Así vendelo ou facer unha promoción inmobiliaria, xa non contaba con atranco ningún!

No hay comentarios:

Publicar un comentario