Vistas de página en total

lunes, 25 de septiembre de 2017

Narcos de Carlos G. Reigosa

Dicir Narcos, semella agora dicir Pablo Escobar e Netflix, pero houbo outro Narcos antes. A novela do xornalista Carlos G Reigosa novela a Operación Nécora contra o narcotráfico en Galicia.
Supoño que os que viviron aquela época en primeira liña poderán recoñecer aos Mingallos ou a Roque Caruncho que podería ser Sito Miñanco,ou don Orlando que podería ser Charlín ou Oubiña pero non é o meu caso.
Máis clara está a figura do xuíz Garzón. Tamén se describen localidades como Vilavedra, Vilarousa, Grobas, Salgueiros,Marmariz, Beiramar que eu non fun quen de identificar.
A novela de 2002 está en galego e en castelán.
Entretida, aínda que ás veces as digresións se fan pesadas.

No hay comentarios:

Publicar un comentario