Vistas de página en total

sábado, 30 de septiembre de 2017

A volta ó cole

Eu non teño fillos , pero non me parece nin medio normal o que pasa nos colexios . Unha ou dúas semanas de adaptación para os máis cativos.
Deberes que os nenos non son quen de facer: pintar unha cabaza do Samaín con 3 anos, facer un mural sobre o outono ou un boneco de nadal.
Animar ós pais a facer un baile de fin de curso e mil movidas máis.
Pero para min o "megaculmen" é a moda esa da mascota de clase. A cada neno tócalle levala a casa unha fin de semana, coidala, facerlle fotos, e levala a sitios onde non estivera. Supoño que a mascota terá unha biografía, un story board ou mesmo un biopic, para que os pais saiban onde estivo o boneco e non repitan actividade.
E non perdela claro. Podes perder a mochila do teu fillo, a cazadora, os tenis, pero non o boneco. Paréceme demencial. Sei de tres colexios privados onde o fan. Se tes tres ou catro fillos, igual te coinciden dous bonecos nunha semana, ou tes catro fins de semana hipotecadas por cada boneco. A verdade para min é alucinante e non sei qué cabeza enferma puido idear isto ou en qué manual de pedagoxía " indie" pode aparecer.
Pero realmente estou abraiada de vez. A coidar dos catro nenos e dos catro bonecos! Demencial! E logo os pais protestan polos deberes!!😥😥

No hay comentarios:

Publicar un comentario