Vistas de página en total

martes, 21 de agosto de 2018

Xa temos maquinista: Piti

Afunde a estrutura de formigón dun peirao a escasos metros dos Duques de Alba e a culpa é do organizador dun festival? Afunde unha estrutura submariña e a culpa é do alcalde de Vigo? Respondan vostedes ás preguntas. Eu téñoo moi claro. A superficie do paseo das avenidas o seu coidado,mantemento e limpeza son competencia do concello de Vigo, iso tamen parece moi claro ademais está avalado por sentenzas xudiciais en que feridos por mor do mal estado do paseo denunciasen a porto e concello. E que dicir do demais: as leas de sempre: PSOE contra PP, PP versus PSOE. E xa temos un maquinista: Carlos Domínguez, Piti; a peza máis vulnerable. Se cae Maná en Castrelos a culpa é da produtora do concerto? E a maquinaria xa está en marcha. O outro día escoitaba nunha terraza dun bar: xa está a Brunete Mediática e as hienas do PP tentando aproveitar e distorsionar algo que non ten xeito ningún.Cousas que se escoitan por aí Tamén é certo que sí o alcalde autorizou e se cadra tamén se depositou unha fianza no concello como tamén se fixo no porto de Vigo E por facer de avogada do diaño, eu digo tamén revisouse a estrutura submariña do peirao cando era Abel, presidente do porto? E cando Corina Porro? Que aquí case todos estaban en todos os sitios... Igual a culpa tamén foi de Piti e dos que foron ó concerto, ou dos pais por deixarlles ir... E esta lea xudicial pola responsabilidá* non vai retrasar os pagos ós damnificados? Non sería mellor poñerse de acordo xa? Ou será mellor que cobren cando a xubilación...

No hay comentarios:

Publicar un comentario