lunes, 13 de agosto de 2018
Era por setembro, Xabier Quiroga
Xabier Quiroga é sempre unha boa opción.”Era por setembro” é unha marabillosa novela que se fai moi curta.
A actual ministra dun goberno de esquerdas intúe un escuro segredo, que se cadra non o é. Uns indicios esclarecedores, uns silencios elocuentes poñen a Aldara sobre a pista da súa orixe.
Nun flashback Aldara volve á súa adolescencia, ó seu primeiro amor.Ábrese á vida, rodeada de interrogantes, ó descoñecido, á vida con maiúsculas.
Quiroga escribe moi ben, con dominio absoluto da linguaxe culta e real,e tamén cotiá, como ás que falaban as nosas nais ou ás nosas avoas.
Con frases máxicas como: “A vida trazada sen traza” ou “ Non fala por si mesmo senón polo que lle din que fale”.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario