Vistas de página en total

miércoles, 29 de agosto de 2018

Vitoria Cruziana, a flor travesti

Érase unha vez unha flor ancestral que sae dun nenúfar xigante, do que hai só dous exemplares en España. Vitoria Cruziana ten nome de raíña ou de emperatriz; ou se cadra mellor de drag queen, porque abre polas noites: nace feminina e branca e morre rosa e masculina. Deprende un arrecendo a piña para cativar os insectos e poder ser polinizada. A planta de Vigo que se pode ver florecer durante estes días na Fundación Sales na avenida de Europa podería dar entre quince ou vinte e cinco flores ata que remate o verán. A finais de agosto xa vimos florecer cinco que apenas acadan dous días de vida. Ademais da de Vigo, en España só hai outra no Xardín Botánico de Málaga.

No hay comentarios:

Publicar un comentario