Comecei este libro do meu favoritísimo Xabier Quiroga coa ilusión de volver a Bouzuás. Adentrárse na braña e desvelar os misterios e segredos daquel terreo lamacento que se describe en “ Atuado na braña” Pero Quiroga nos mergulla noutro brañal diferente; preñado de intriga e certo ritmo policiaco. Sempre é un pracer ler a Quiroga co seu idioma auténtico e exquisito.
Nesta obra máis que contar unha vella e abraiante historia do pasado lévanos ó futuro? A un lugar incerto en que acaso xa habitemos.
Se cadra é unhs novela necesaria que nos fai reflexionar. Pero eu botei de menos a braña e os vellos misterios. Por iso sempre confío en que Quiroga recunque e nos leve e nos desvele o misterio de Bouzuás.
No hay comentarios:
Publicar un comentario