Cóntanos Fernando Franco no Faro de onte, a historia dun home dos que xa non quedan. Juan José Louro naceu nun faro no de Lariño entre Fisterra e Corrubedo.Non é caso único, a súa nai paríu alí ós seus outros once irmáns. O seu pai era fareiro, un oficio que xa non existe.
Logo fíxose mariño e navegou por Terranova, navegou por mares máis tranquilos para recalar en Vigo de profesor na Escola Náutico Pesqueira de Vigo.
Son varios trazos dunha peripecia vital que podedes ler no suplemento Estela do Faro de Vigo de onte en que eu me documentei.
Parece que o seu destiño tiña que estar ligado ó mar sendo que naceu mirando para el.
ResponderEliminarFixéchesme lembrar unha entrevista que fixen hai anos ó fareiro da Torre de Hércules. ¿En serio xa non existe ese oficio? Qué pena. Ten moito de romanticismo...
Bicos
Non xa non hai fareiros, os faros están automatizados!
ResponderEliminar