Onte quedamos coas responsables dunha protectora de animais de Cambados ás portas dese bar de Vilariño que aínda non estaba aberto. Teñen en custodia este cabalo branco esfameado que atoparon nunha granxa case pirata de Meis. Xa non chegaron a tempo de salvar ó outro cabalo e a outra égoa que aí xa ven mortos por inanición.
A incautación do animal foi posible grazas á denuncia veciñal e a áxil actuación da policía autonómica. Leváronnos a gravar o lugar onde está custodiado o animal enfermo, ás agachadas. Aparcade lonxe que non vos vexan con nós. Menos mal que aínda non me controlan a matrícula porque o coche é novo...😱
Ademais hoxe é día de caza e aínda temos máis perigo... Xa unha vez me queimaron o coche... na miña casa, que por certo non é o meu domicilio oficial, onde estou censada... sei perfectamente quen foi , perseguíume durante días... case o vexo guindar un artefacto na miña leira para queimar o coche, pero non se puido demostrar.
Eu como responsable do Refuxio de Animais de Cambados denunciara a aquel tipo que nos tirou por riba do muro un can coxo que quedou máis eivado tralo impacto. Gravárano as cámaras de seguridade e eu decidín denuncialo. Ben certo que lle puxeron unha multa de seiscentos euros, tanto como me custou un coche novo a min.
Destoutro de Meis estamos moi fartas, ten unha granxa equina para vender animais, tenos sen comer e algúns morren, ás veces alguén da administración o avisa antes de que poidamos actuar. Incrépannos e toman represalias contra nós. Parece mentira porque este home que rolda os cincuenta anos e é veciño de Meis ten cartos abondos , tivo un taller de reparación, o que parece non ter é sensibilidade ningunha cos animais.
Qué pena esas imaxes!!
ResponderEliminarDende logo, sensibilidade ningunha. E é unha forma de referirse a el moi xenerosa
Bicos