Vistas de página en total

viernes, 29 de noviembre de 2019

Encarna Álvarez, a nosa xente

Encarna Álvarez é a presidenta dos comerciantes do Calvario. Naceu en Asturias e vivíu moitísimos anos na emigración suiza, en Zúrich. Logo afincouse en Vigo onde montou unha óptica a escasos metros do Calvario. Empática e entrañable Encarna loitou sempre polo barrio polo primeiro parquing , se esquecemos o mítico avenida da peonal, foi o de Fernando, o Católico, logo víu o de Maruxa Mallo e conseguir a peonalización do Calvario, con algunha crítica ruín que outra. Agora vive un déjà vu*. O peche dos comercios físicos polo arrase da venda na internet un fenómeno que afecta a tendas de Candeán, pero tamén ás da Quinta Avenida. Ela vivíuno en Suíza nos setenta, a moda da venda por catálogo fechou tendas de vez no centro de Zúrich, as tendas foron reconvertidas en vivendas de baixo custe para non deixar os locais baleiros. Agora Encarna vive aquel pesadelo outra vez, coa moda das vendas por internet, que pechan locais, xeran paro, crean emprego precario, de reparto sobre todo e fan un fundido a negro nas nosas cidades. Desaparecen os escaparates cos que tanto gozaron os nosos avós, desaparece o gusto pola compra demorada e o asesoramento profesional,desaparece o tacto, a proba física, o saír á rúa para ver as cores a luz. Perdemos moito con internet. A última vez que estiven con Encarna estaba moi triste polo Black Friday, un fenómeno que case lles obriga a perder cartos para non desaparecer. Este Vigo noso é produto de persoas como Encarna que fixeron grande? este o noso país!

2 comentarios:

  1. E eu que non me afago a mercar por internet... Claro que son doutra xeración, pero nada como ver, tocar e probar as cousas antes de compralas.

    Mágoa que vaian pechando tantas tendas.

    Bicos

    ResponderEliminar
  2. A min tampouco me gusta, pero somos dúas extraterrestres comparadas coas novas xeracións.

    ResponderEliminar