martes, 16 de diciembre de 2025
Nostromo ;volve o rock heavy máis vigués á sala Ocean este sábado
Á cita é ás dez pm en Churruca 12. Volven xa estes veteranísimos, quen o diría con trinta e dous anos sobre o escenario. Gerardo á guitarra (sempre on fire) Mauro ó baixo,Sito á guitarra, empresario da música, e Alfonso, batería, traballador do Cunqueiro.
Atopo na rede este marabilloso vídeo gravado na vella Pescanova non? Con personaxes míticos das marxes de Vigo como o Gringo ou o Fraco, o home que vendía A Farola coa sua muleta no paso de peóns da parte baixa de Alfono XIII.
Con eternas idas e vidas, igual esta é unha oportunidade única de velos en directo de novo.
Moito choveu, sobre todo en Vigo desde a gravación en 1996 de " En algún lugar" ou de "Bar en Bar".
Son metálico pero letras propias cheas de alma, que se volven repetir en "En extinción" ou "Al final del rail"
Cando empezaron estaban desaparecendo os casettes,e os vinilos,no tempo de spotify e plataformas, de seguro que os Nostromo( como a nave de Alien), aínda vivirán algún soporte musical máis!!!
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)

No hay comentarios:
Publicar un comentario