Mostrando entradas con la etiqueta Nacionalismo. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Nacionalismo. Mostrar todas las entradas
miércoles, 24 de septiembre de 2014
Abducido polo partido
Hoxe atopei por casualidá* un extraballador dun partido nacionalista vigués, eu non sabía que el xa non traballaba alí, despois de 20 anos de servizo e desde hai un ano. Foise vítima dun ERE,deses qu tanto se levan e que tantos lle gustan tamén a sindicatos e a partidos.
Faloume de que foi un ciclo que se acabou, que na maioría dos sitios nada hai eterno, e que é lóxico e natural. Está no paro e estuda un FP creo.Por máis que o aguilloei non conseguín sacar nada máis del, nin rabia, nin resentimento, penso que hoxe aínda foi á asemblea dese partido.A doutrina sábea, os tempos tamén do calendario preelectoral.Pensei o "jicho" este está abducido.Sobre todo porque lle dixen: o teu partido vai sacar só un concelleiro nas seguintes e vai a menos... igual fixeches ben índote.E díxome, iso nunca se sabe, pode volver a subir...
Primeiro pensei na nobleza dunha persoa que cre nun partido en que traballou vinte anos, logo pensei nunha abducción;tamén pensei nun férreo control político ás filtraciós ó xeito talibán; e agora con máis tempo penso tamén : o tipo este igual acordou co partido que vai cobra-lo paro un par de anos e que en canto remonten o contratarán.Oxalá que teña sorte porque a política está chea de "promesas incumpridas"
Suscribirse a:
Entradas (Atom)