Mostrando entradas con la etiqueta Xunta. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Xunta. Mostrar todas las entradas
miércoles, 10 de octubre de 2018
O viño do conselleiro
Haberá que probar o viño do novo conselleiro do medio rural ou polo menos da súa familia; que aquí entre nós está un pouco caro para ser un Ribeiro; a min custou é algo máis de 12 euros.
viernes, 20 de enero de 2017
Off the record de la semana
-Y tú crees que los incendios en casa de Pilar Urbano y de Isabel Sartorius fueron casualidad? En casa de la primera podría haber material gráfico de Juan Carlos con sus amantes, pues Urbano era muy amiga de la reina Sofía.Y en la de Sartorius habría material de su hijo.
Y sobre los años en que nació la Xunta: eran noches largas que acababan en el hotel Peregrino de Santiago, demasiadas veces.
Karina Fálagan venía a muchos actos de partido a Santiago, cada vez que me veía me daba unos abrazos que me estrujaba, con aquel corsé que llevaba que parecía una armadura.
Un día estando todos en Santiago me pidió que la trajera a Vigo, a ella y a otra de su ramo.Iba con Ramilo. A Karina la dejé en Samil y a la chica en el Lady Hamilton de la Travesía de Vigo.
A la mañana siguiente tuve que llevar a mi mujer y mi suegra, y mi mujer casi me mata del pestazo a perfume barato que había en el coche aquel.
martes, 13 de septiembre de 2016
O debate
O candidato revelación Luís Villares,optimista,empático,positivo con ganas, con propostas claras en sanidade e educación.Cun ton ilusionante baseado na súa propia experiencia: son xuíz ás veces teño que sentenciar con arranxo a leis que non me gustan, por iso quero pasar ó outro lado,quero cambiar esas leis. A anticandidata Cristina Losada, ríxida, en castelán,sen propostas claras, cun ton dubitativo e bochornoso.Comentarista habitual da prensa ultra.
Leiceaga, o triste, sabedor de que non vai gañar, canso, anodino e moi deprimido, pero se cadra o mellor candidato, experto en economía, as súas propostas son interesantes pero mal transmitidas, parece un cura de vello.
Ana Pontón polo BNG, propostas claras,boa rebatedora, e crítica.Discurso claro, interesante e brillante,aínda que algo repetido.Erro nefasto e barriobaixeiro ó iniciar o debate refocilándolle a Feijóo a vella foto do narco, no minuto un;como facían as vellas lerchas de antes: non che quero dicir nada da túa neta, pero xa cho dixen.Non quixen traerlle aquí a foto con Dorado, pero aí queda...na radio xa valeu, esta política cutre das insinuacións.Denuncia, critica e censura, pero non insinúes é moi baixo Pontón.
E Feijóo, qué dicir de Feijóo? Abraiado porque lle corten a palabra na súa tele, nervioso, dubidoso para o que é el; aínda que se soubo defender,xa sabe que vai gañar.Pero hai tempo que perdeu tono e non parece estar no seu mellor momento político,aínda non nos soubo explicar se quere ou non quere irse a Madrid.Moi nervioso e vacilante falando da política demográfica,pensaba se cadra no Feixoliño que vén, que non vai ter praza na Galiña Azul porque as nóminas son avultadas, pensará qué carallo vai facer coa caixa absurda que a Xunta regala ós bebés?
Ou estará pensando xa cómo vai ser o cuarto do bebé de Zara Home ou de Zara Kids?
sábado, 21 de marzo de 2015
Ya nadie conoce a Monbús
Se hizo con prácticamente todo el transporte público entre localidades de Galicia, con los buses escolares y con gran parte del alquiler de vehículos oficiales de la Xunta en tiempo récord y ahora ya nadie lo conoce.
Pisó todas las moquetas y todas las alfombras, consiguió contratos muy difíciles de obtener sin una especial sinergia con partidos y administración; y ahora como siempre: "si te he visto, no me acuerdo" como siempre de guión... pero de guión de peli de terror, o de mafiosos o de Camorra,"El padrino" ha vuelto.

domingo, 22 de febrero de 2015
Ciscando os cartos no ar
Falan e falan do porno cutre de Grey, pero e o porno cutre do fillo de Julio Iglesias patrocinado por tódos nos con estética de nodo, de clip de karaoke dos 70, de vídeo cutre de deputación. E alá van os nosos cartos ciscados no ar.... Se queren publicitar Galicia por quė non meten a Feijóo en Gran Hermano VIP cun pixama de animal print como o de Belén Esteban? Podían metelo alí co Pachi de Lucas e con Marcial Dorado.Sairīanos måis barato, porque ademais cobrariamos por eles.
domingo, 14 de marzo de 2010
Un goberno travesti
Todo comezou cando Feijóo foi ó entroido de Verín e vestiuse de: "guayabo", de "guajiro", de "chamaco", eu que sei; el abriu a espita, prendeu a mecha, marcou o camiño, a folla de ruta que din agora os horteras....
E a gran festa da camuflaxe comenzou, no día da muller Javier Guerra vístese como para ir na caravana do orgullo e a compañeira de Feijóo disfrázase de beata para ir ve-lo Papa, mágoa que non lle pedira a peineta a Aznar...
Se facemos un flash back perderon varias ocasións: vestirse de peliqueiros en Laza ou de Cigarróns en Verín,Pantallas en Xinzo, Madamas en Aldán, de Colón na Arribada, e de Pastorciños en Nadal. Que non se preocupen aínda quedan oportunidades de travestirse: a Reconquista de Vigo, os capirotes da Semana Santa ou de Pantasmas na próxima secuela de Ghost...
O caso é que hai quen di que os disfraces só serven para despistarnos do guión que segue este goberno que non acaba de coller o timón.

sábado, 31 de enero de 2009
Valérie Tasso
A asociación Alecrín denunciou nos xulgados de Vigo á Vicepresidencia da Xunta por apoloxía subliminal da prostitución. Ten razón.Non é axeitado convidar como relatora nunhas xornadas sobre sexo a unha exprostituta de luxo que campa da súa condición de ninfómana. (Autora é entroutras obras de "Diario dunha ninfómana").
Unha insitución pública que tamén leva a área de Igualdade non debería facer tal. Considera Ana Míguez e ten razón que convidar a persoas como Valérie é dar "carta de normalidade" á prostitución como profesión ocasional.
¿É unha exprostituta a persoa axeitada pra falar dunha relación normal e natural co sexo? Hai xente que lle quitou importancia por tratarse dunha prostituta de luxo que segundo di a lenda popular se deita con quen quere polo prezo que lle parece, pero a prostitución non é un problema de tarifas, senón de sumisión e de venda de corpos... esa non é unha relación co sexo que se debería difundir e potenciar desde unha administración....

Suscribirse a:
Entradas (Atom)