Mostrando entradas con la etiqueta natureza. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta natureza. Mostrar todas las entradas
miércoles, 29 de agosto de 2018
Vitoria Cruziana, a flor travesti
Érase unha vez unha flor ancestral que sae dun nenúfar xigante, do que hai só dous exemplares en España. Vitoria Cruziana ten nome de raíña ou de emperatriz; ou se cadra mellor de drag queen, porque abre polas noites: nace feminina e branca e morre rosa e masculina. Deprende un arrecendo a piña para cativar os insectos e poder ser polinizada.
A planta de Vigo que se pode ver florecer durante estes días na Fundación Sales na avenida de Europa podería dar entre quince ou vinte e cinco flores ata que remate o verán. A finais de agosto xa vimos florecer cinco que apenas acadan dous días de vida.
Ademais da de Vigo, en España só hai outra no Xardín Botánico de Málaga.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)