Vistas de página en total

561,156
Mostrando entradas con la etiqueta novela en galego. Crítica. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta novela en galego. Crítica. Mostrar todas las entradas

viernes, 7 de septiembre de 2018

Zapatillas rotas, Xabier Quiroga

Zapatillas rotas é unha deliciosa “road movie” á galega que fala de vellos amores,case platónicos aínda que correspondidos. Tamén é unha crítica aceda á nosa máis próxima realidade social, política, policial e mediática. Unha crítica da descoordenación policial, do cinismo político, do cinismo social e do morbo dos médios. Un retrato da nosa sociedade,dos malvados e dos bos, dos estúpidos e escuros. Dos “neopijos” que medran á calor dos cartos e do poder, dos malcriados e dos enchufados que queren medrar a costa dos demais. Quiroga toca tanxencialmente o seu paraíso,o seu “ rosebud” fai unha chiscadela ó xa mítico Bouzuás. E fala da infancia, da vellez, do benestar social, da xunta, da xente.Da fartura e da fame, dos excesos e da precariedade, da contención amorosa e da promiscuidade. De esa xente que tanto traballou e morre sen un pataco; dos que nunca traballaron e morren entre loureiros e forrados. Unha marabillosa historia que só ten unha chata que non vou dicir eu para que a lean. Cun galego delicioso, auténtico e marabilloso con esas palabras que usaban as nosas nais e as nosas avoas cando falaban en galego e moitas outras que non coñecemos porque son propias da zona ou porque a nós, non sempre, se non case nunca nos falaban así.