Mostrando entradas con la etiqueta Xabier Quiroga. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Xabier Quiroga. Mostrar todas las entradas
viernes, 7 de septiembre de 2018
Zapatillas rotas, Xabier Quiroga
Zapatillas rotas é unha deliciosa “road movie” á galega que fala de vellos amores,case platónicos aínda que correspondidos.
Tamén é unha crítica aceda á nosa máis próxima realidade social, política, policial e mediática.
Unha crítica da descoordenación policial, do cinismo político, do cinismo social e do morbo dos médios.
Un retrato da nosa sociedade,dos malvados e dos bos, dos estúpidos e escuros. Dos “neopijos” que medran á calor dos cartos e do poder, dos malcriados e dos enchufados que queren medrar a costa dos demais.
Quiroga toca tanxencialmente o seu paraíso,o seu “ rosebud” fai unha chiscadela ó xa mítico Bouzuás.
E fala da infancia, da vellez, do benestar social, da xunta, da xente.Da fartura e da fame, dos excesos e da precariedade, da contención amorosa e da promiscuidade. De esa xente que tanto traballou e morre sen un pataco; dos que nunca traballaron e morren entre loureiros e forrados.
Unha marabillosa historia que só ten unha chata que non vou dicir eu para que a lean.
Cun galego delicioso, auténtico e marabilloso con esas palabras que usaban as nosas nais e as nosas avoas cando falaban en galego e moitas outras que non coñecemos porque son propias da zona ou porque a nós, non sempre, se non case nunca nos falaban así.
domingo, 3 de julio de 2016
Izan o da saca
"Izan o da saca" é unha gran novela que xa agocha un gran segredo no seu nome. O libro aborda unha parte esquecida ata agora do papel galego na Segunda Guerra Mundial. Da nosa convivencia cos nazis ou cos anglófilos, de cómo os alemáns se agocharon, fixeron negocios ou se mesturaron de diversos xeitos con nós. Todo aliñado cun idioma perfecto, coidado e auténtico, desde o enxebre ata o académico; un galego "real" e tamén culto cunha gran riqueza de vocabulario e xiros moi difícil de atopar.
"Mallado" está tamén, perdón pola vulgaridá, o tratamento das personaxes, coidada, auténticas, como se fosen os nosos pais ou nosos avós.
E a historia, claro que sí, a historia apaixonante que nos permite coñecer que moitas das nosas aldeas e vilas foron un escenario, un pequeno teatro de operacións da gran guerra que daquela se desenvolvía no gran taboleiro do mundo.
Os de Monforte recoñecerán lugares ademais. Eu non coñecía ó autor, Xabier Quiroga que chegou a min como de casualidá. Recomendoumo un biólogo experto en kiwis e melómano ó que hai uns meses entrevistei. Pero a recomendación non puido ser mellor:wolfram, misterio, historia,nazis, Ribeira Sacra e Vigo como non!Unha gozada publicada por Xerais con copyrighth de 2015 e que aínda se pode atopar estes días na feira do libro na viguesa Porta do Sol
Suscribirse a:
Entradas (Atom)